Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e expolítico español. É doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais)Organigrama de la Fundación CEPS. Consultado o 26 de setembro de 2014. e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur. No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Foi elixido deputado ao Congreso nas Eleccións xerais de decembro de 2015. En 2024 foi nomeado voceiro do grupo parlamentario de Sumar no Congreso dos Deputados e secretario de Análise Política e Discurso desta plataforma, cargos que ocupou até a súa dimisión en outubro de 2024 por acusacións de acoso machista a diversas mulleres.

Traxectoria Orixes familiares e mocidade Íñigo Errejón é fillo de José Antonio Errejón Villacieros, funcionario de carreira e alto cargo na Administración Xeral do Estado que durante a Transición militou no Partido del Trabajo de España, e despois foi un dos asinantes do Manifesto de Tenerife, que marcou o nacemento de Los Verdes en España, e formou parte de Izquierda Anticapitalista. A súa nai, Angy Galván, é bióloga, feminista e activista, e membro de Podemos dende a súa fundación.

Durante a súa mocidade, Iñigo Errejón foi scout e estivo achegado ó marxismo libertario.

Controversia polo seu contrato coa Universidade de Málaga O 17 de novembro de 2014, o xornal El Mundo publicou nun artigo o contrato que Errejón tiña dende marzo coa Universidade de Málaga (UMA). O proxecto La vivienda en Andalucía. Diagnóstico, análisis y propuestas de políticas públicas para la desmercantilización de la vivienda estaba dirixido por Alberto Montero, profesor de Economía Aplicada na UMA e vicepresidente da Fundación CEPS, da cal Errejón é voceiro. Errejón foi o único candidato presentado ó posto de investigación.

Podemos considerou o caso unha «campaña de difamación» contra Errejón, por tratarse dunha das facianas máis visibles da formación emerxente.

En marzo de 2016, a Universidade de Málaga resolveu nun expediente sancionador que Errejón cometera dúas «faltas disciplinarias» derivadas de: 1. «non ter desenvolvido o seu traballo conforme ós termos e cláusulas» por non realizar o traballo de maneira presencial. 2. «non ter solicitado a compatibilidade para o exercicio de actividades privadas desenvolvidas durante a súa vixencia» por ter compatibilizado o traballo coa remuneración percibida da súa función en Podemos. Isto carreou a súa inhabilitación para traballar na UMA en proxectos de investigación de características semellantes. Finalmente a universidade non sancionou a Errejón.

En xuño de 2016, o xulgado de Instrución número 13 de Málaga acordou arquivar a causa que investigaba supostas irregularidades no contrato laboral de Iñigo Errejón como investigador na Universidade de Málaga presentada por Manos Limpias.​

Dentro da coalición Sumar e abandono da política Más País e Más Madrid integráronse na coalición electoral Sumar de cara ás eleccións xerais do 23 de xullo de 2023. Errejón foi elixido deputado como número 4 na lista electoral de Sumar por Madrid para estas eleccións. En xaneiro de 2024 Marta Lois, a até daquela voceira de Sumar no Congreso, anunciou a súa dimisión para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Como substitución a coalición nomeou o 30 de xaneiro de 2024 a Errejón como voceiro parlamentario do Grupo Plurinacional Sumar.

O 24 de outubro de 2024, Errejón publicou unha carta nas redes sociais onde anunciou o seu abandono da política institucional, deixando tamén o seu escano no Congreso e todas as súas responsabilidades políticas. Este anuncio foi posterior a unha acusación anónima realizada dous días antes na conta de Instagram de Cristina Fallarás onde se lle atribuía ter un comportamento de violencia machista e acoso sexual con diversas mulleres.

Obras Autor (tese doutoral)

Coautor

Coeditor

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Íñigo Errejón Galván, na páxina oficial de Transparencia de Podemos. Ficha biográfica na web de CMI Producciones. Obras de Íñigo Errejón en Academia.edu.

Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1983 Categoría:Politicólogos Categoría:Deputados da XI Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Políticos de Más País Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)