O lupus eritematoso sistémico é unha enfermidade autoinmune que pode afectar a multitude de aparellos e sistemas. Existen diversos subtipos, clasificados en función dos patróns clínicos e histolóxicos.
Diagnóstico Existen unha serie de criterios diagnósticos propostos por American College of Rheumatology (ACR), dos cales para cumprir o diagnóstico de lupus eritematoso sistémico (LES), deben ser cumpridos como mínimo catro.
Os criterios propostos son: 1. Exantema malar permanente: inflamación da pel sobre a rexión malar (na cara), que respecta o suco nasoxeniano (que separa a meixela da boca). 2. Lupus discoide: lesión cutánea circunferencial elevada con escamas queratósicas adherentes. 3. Fotosensibilidade: reacción esaxerada coa luz solar, con lesións cutáneas erosivas. 4. Úlceras orais ou farínxeas: escavacións na mucosa oral, de cor branca, habitualmente indoloras. 5. Artrite non erosiva en articulacións periféricas (fora do pescozo, tronco, lombo), con inflamación, derramo articular e dor. 6. Serosite: a) Inflamación da pleura (a cuberta do pulmón). b) Pericardite, ou inflamación do pericardio, a cuberta do corazón. 7. Alteracións renais: a) Perda de proteínas nos ouriños, superior a 500 miligramos ó día. b) Cilindros proteicos nos ouriños. 8. Alteracións neurolóxicas: a) Convulsións sen que se aprecie outra causa. b) Psicose sen que se aprecie outra causa. 9. Afectación hematolóxica: a) Anemia hemolítica b) Leucopenia (menos de 4.000 leucocitos) en dúas determinacións, ou c) Linfopenia (menos de 1.500 linfocitos) en dúas determinacións, ou d) Trombopenia (menos de 100.000 plaquetas) en dúas determinacións. 10. Alteracións inmunolóxicas: a) Anticorpos anti-ADN positivos en altas cantidades ou b) Anticorpos anti-Sm positivos ou c) Anticorpos antifosfolípidos: anticardiolipina, anticoagulante lúpico, VDRL falsamente positivo durante 6 meses. 11. Anticorpos antinucleares: positivos a título alto, en ausencia de uso de fármacos indutores de lupus ou pseudolupus.
Categoría:Doenzas da pel Categoría:Doenzas autoinmunolóxicas