Eladio Freire García, coñecido como Andarín, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) o 19 de xaneiro de 1902, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria
miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor. Fillo de Consuelo García Sánchez. Militante do PCE, en 1932 fundou o Club Obrero na Corveira. Foi un dos organizadores do Ateneo de la Villa de Rutis da CNT. Foi candidato do PCE nas eleccións de 1933. Foi vicepresidente do Sindicato de Albañiles y Ayundantes La Aurora Social da CNT coruñesa. En marzo de 1936 foi nomeado membro da corporación municipal de Culleredo e elixido primeiro tenente alcalde. Foi presidente do Radio Comunista Comarcal de Vilaboa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e conseguiu fuxir na evasión de La Libertaria desde A Pasaxe. Conseguiu pasar ao bando leal e foi secretario de organización suplente da Solidaridade Galega Antifeixista de Barcelona. En febreiro de 1939 cruzou a fronteira francesa e foi internado no campo de concentración de Argèles-sur-Mer. Despois exiliouse en México, arribando a Veracruz o 7 de xullo de 1939.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Registro Nacional de Extranjeros en México
Categoría:Concelleiros de Culleredo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1902 Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Galicia polo PCE Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes