José Solís Ruiz, nado en Cabra (Córdoba) o 27 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 30 de maio de 1990, foi un político español."José Solís Ruiz, ex ministro franquista, falleció ayer en Madrid" El País, 21/5/1990 .
Traxectoria miniatura|esquerda|Solís xunto a Franco, en 1950. Fillo de Felipe Solís Villechenous —alcalde de Cabra durante a ditadura de Primo de Rivera— e Eduarda Ruiz Luna. Realizou estudos de dereito nas universidades de Deusto e Valladolid.
«Camisa vieja» de Falange,Aínda que o «camisa vieja» José Antonio Girón de Velasco dixo despois que Solís nunca foi un verdadeiro falanxista. chegou a tomar parte na guerra civil en apoio do bando sublevado. Durante o conflito alcanzou o grao de alférez provisional. Ao rematar a guerra ingresou por oposición na Secretaría Técnica Sindical, onde ocupou a praza de secretario da sección sindical central do Sindicato Nacional del Metal. Formou parte do Corpo Xurídico Militar, no que ingresou mediante oposición. Como tal actuou como fiscal no xuízo celebrado en 1941 contra un grupo de anarquistas membros do maquis, aos que Solís acusou de sabotaxe e de querer restaurar a República; finalmente foron condenados a morte e executados. En 1944 incorporouse como secretario á Vicesecretaría xeral de Ordenación Social, organismo de Falange encargado das cuestións sindicais, entre outras. A pesar de que tecnicamente era un falanxista «camisa vieja», Solís fixo boa parte da súa carreira profesional como oficial xurídico do Exército e como burócrata da administración sindical, polo que tivo pouco contacto co movemento fascista orixinal.
Rol nos sindicatos En 1946 designárono procurador das Cortes franquistas, posición que mantivo durante case toda a ditadura, ata decembro de 1975. Durante ese ano, 1946, desde o seu cargo na Vicesecretaría xeral de Ordenación Social organizou as primeiras eleccións sindicais e tamén o primeiro Congreso Nacional de Trabajadores.
En xullo de 1948 nomeárono gobernador civil de Pontevedra, cesando en 1951 e pasando a ser gobernador civil de Guipúscoa.
Obras Ten escrito unha gran cantidade de folletos; entre outros, os seguintes:
1955, Nuestro sindicalismo. Madrid. 1959, Nueva convivencia española. Madrid. 1961, José Antonio: actualidad de su doctrina. 1963, La gran realidad de nuestro fuero del trabajo. Madrid. 1975, España. Su Monarquía y su futuro. Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Gobernadores civís de Pontevedra
Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Cabra Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid