dereita|miniatura|A formación en 2007.
Eladio y los seres queridos é unha banda de indie pop galega formada no ano 2005. Está composta por Eladio Santos (voz e guitarra), David Outumuro (batería), Oscar Durán "Uka"(baixo) e Adrián Blanco (sintetizadores e piano).
Traxectoria Dende 2005 que comezaron a súa andaina como dueto con piano (Manuel Santamaría) e finalmente como trío con Pablo Muñiz co baixo. En 2007 uniuse á banda Marcos Vazquez primeiro facendo audiovisuais e máis tarde disparando samplers e tocando sintetizador. Realizaron varias xiras por España e presentaron o seu primeiro traballo, Esto que tienes delante (editado en Grabaciones en el Mar), en case tódalas tendas Fnac, tocando en festivais como Monkey Week e Cultura Quente, e abrindo os concertos de grupos como Deluxe, Amaral ou Vetusta Morla.
A partir de 2009 a formación reduciuse a tres integrantes, quedando Marcos, Eladio e Uka como "núcleo duro" do proxecto. Con esta formación realizaron unha extensa xira por toda España, e ao final desa xira comezaron a gravación do seu segundo disco, cos estudios Sonobox de Madrid como produtores e incorporando un batería ao seu directo. Inicialmente Jose Manuel García tocou durante un verán, incluíndo concertos no Festival Vigo Transforma, ou abrindo o concerto de Ben Harper. A finais de 2010 incorporouse definitivamente David Outumuro.
Con esta formación de cuarteto, e incluíndo o guitarrista do disco en estudio Ovidio López, presentan o disco en numerosos festivais e cidades durante 2011, 2012 e 2013, iniciando unha xira que os levou ao Primavera Sound, Ebrovisión, Sonorama, Portamérica, Monkey Week, Día de la Música e a máis de cincuenta cidades españolas.
En 2014 gravaron o seu terceiro LP, no que volveron contar cos mesmos produtores que no seu segundo disco Están ustedes unidos, Manuel Colmenro e Javier Carretero, dos estudios Sonobox. O disco chamouse Orden invisible e representou un paso máis cara a un son propio. Contaron coa Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela entre outros moitos colaboradores. O álbum publicouse en outubro de 2014, dando comezo á xira de presentación.
Discografía Esto que tienes delante (2007, Grabaciones en el Mar) Están ustedes unidos (2011, Esmerarte). Orden Invisible (2014, Esmerarte). Cantares (2016 autoeditado). Historias de caza (2017 Autoeditado). Academia (2020 Autoeditado). B.S.O 2005 - 2025 (2025 Esmerarte)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Indie pop Ligazóns externas Páxina oficial de Eladio y los seres queridos
Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de Galicia