As repeticións da familia da calponina son un dominio proteico de 26 aminoácidos que se encontra en varias proteínas, como a calponina. A calponina-1 (CNN1) contén tres copias destas repeticións no seu dominio Click-23. As repeticións de calponina tamén se encontran na proteína do músculo liso 22 de vertebrados (SM22 ou transxelina), e noutras proteínas cuxa función fisiolóxica aínda non foi establecida, como a proteína muscular do voo sincrónico mp20 de Drosophila, a proteína unc-87 do verme nematodo Caenorhabditis elegans, a proteína NP25 neuronal da rata, e un antíxeno do nematodo Onchocerca volvulus.

Notas

Este artigo contén textos en dominio público de InterPro IPR000557.

Categoría:Dominios proteicos