Juan Rafael Martínez Buján, nado en Santiago de Compostela o 15 de setembro de 1897 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1993, foi un pintor galego, ilustrador, escenógrafo, mestre nacional e profesor de debuxo. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi discípulo de Mariano Tito Vázquez, especializándose no retrato e na pintura costumista. Comezou a expoñer a súa obra en 1915 e participou en diversos certames artísticos en Galicia e Arxentina. En 1922 obtivo o título de mestre nacional e desenvolveu unha carreira docente sen abandonar a actividade artística. A súa obra caracterizouse pola representación de paisaxes, costumes e tipos populares galegos. Durante a Guerra civil española exiliouse en Cuba, mentres a súa familia permaneceu en Galicia. Na Habana traballou como pintor, escenógrafo e profesor de debuxo no Centro Gallego de La Habana. Tamén participou en actividades políticas de carácter republicano e antifranquista. Despois de 1962 trasladouse a Miami, onde continuou a súa actividade artística e abriu unha galería de arte. A principios dos anos 70 regresou a España.

Traxectoria

Familia e primeiros anos Juan foi fillo de Ramón Martínez del Río e Ramona Buján Pacheco. Ramón era perito agrimensor a finais do século XIXAo seu falecemento estaba, ademais, cursando o 3º ano de Dereito., e a súa familia paterna (probablemente de orixe luguesaO seu título foi remitido ao Instituto de Lugo, onde debeu estudar (Gaceta de Galicia, 22-7-1886, p. 2.)) era dona dunha tenda de ultramarinos no número 5 da Rúa Carretas, en Compostela, que anos despois se transformou nun estanco e papelería e, no segundo terzo do século XX, nunha tasca. Pola súa banda, Ramona (que era compostelá) estaba emparentada co profesor do Seminario Conciliar Bernardo Aller e, dos seus irmáns, un foi freire no Colexio de Misioneiros Franciscanos de Santiago e a outra, mestra nacional. Tiveron seis fillos: Jesús, José, Luis, Eliseo, Ramón e Juan.

Juan naceu a finais de 1897 Esta fonte afirma que naceu en 1898., pouco antes da morte do seu pai. A necrolóxica do pai publicada nesta data demostra que o nacemento de Juan non puido producirse en 1898, como sinalan varias fontes, posto que nela xa aparece mencionado. Ao enviuvar, Ramona tomou ao pouco a decisión de vender algunha propiedade e mercar unhas pasaxes para a Arxentina, para probar fortuna.Tivo que ser con posterioridade a 1900 porque neste ano aínda residía na casa familiar do número 1 da Rúa Algalia de Abaixo xunto a tres dos seus fillos (José, Eliseo e Juan). Coidamos que Jesús, Luis e Ramón vivirían con outros familiares da cidade (Censo de Santiago de Compostela. 1900, Arquivo Histórico Universitario de Santiago). Alí permaneceu pouco tempo, decidindo volver a Galicia, pero os tres fillos maiores non o fixeron, ficando na América Jesús, José e Luis. Ramona acabou por abrir un estanco na Rúa da Senra, á imaxe do que existía na Rúa Carretas da familia do seu home. Unha das tías de Juan, Elisa Martínez, casou co escritor e xornalista Enrique Labarta Pose, que convertería a casa de Carretas na sede da súa primeira revista, Galicia Humorística (1888).

Tendo en conta o carácter loitador de Ramona (quen procurou unha boa formación para todos os seus fillos), que a familia tiña pequenos negocios (por tanto, tiñan unha posición económica algo superior á media) e que varios dos seus membros exercían profesións "intelectuais" (médico, xornalista, mestra...), non é de estrañar que o ambiente no que Juan creceu fose positivo para desenvolver as súas inquedanzas artísticas. Así pois, entre 1910 e 1915 estivo estudando na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, destacando extraordinariamente nas materias impartidas polo pintor José María Fenollera (Debuxo Artístico), o escultor Francisco Mariño Peñalver (Modelaxe e Vaciado) e o tamén pintor Teodoro Andreu Sentamans (Artes Decorativas), recibindo diversos premios.

Formación pictórica e primeiras exposicións miniatura|Retrato de Juan Martínez Buján en Vida Gallega en 1920. Destacado debuxante, finalmente optou pola pintura como medio de expresión artística. A súa primeira obra coñecida foi O retrato d'o fillo (1914).«"O retrato d'o fillo".- 1914. É moi fermosa esta composición. Sobria e reposada, ninguén dixera que é primeira do autor. O asunto deste lenzo é un matrimonio aldeán que con gran contentamento e fervor contemplan baixo a ampla campá da cheminea, na cociña atezada unha cartolina na que está (a xulgar polo título) a efixie do fillo ausente» (Vida Gallega, 20-8-1920, p. 12) Ao redor de 1916 deu comezo a súa formación no estudio do pintor Mariano Tito Vázquez, do que foi discípulo, o que o levou con seguridade a especializarse na pintura costumista e o retrato. Frecuentaba o obradoiro que aquel tiña na Rúa das Rodas, xunto a outros artistas en formación como Lino Villafínez, Roberto González del Blanco, Ernesto Carrero Garazo, Juan Luis e outros.L. M. Villafínez (1892-1970), catálogo dunha exposición. Comisario, Xosé Carlos Valle Pérez. Pontevedra, 1998, pp. 14 e 15. Tamén estivo estudando en Madrid.

A partir de 1915 comezou a expor as súas obras en establecementos composteláns e a participar en certames, como o convocado para o 27 de xullo de dito ano pola Liga de Amigos de Santiago,Diario de Galicia, 10-8-1915, p. 3. Certamen de Arte, Virtud y Trabajo, onde obtivo un accésit.Os cadros cos lemas Muiñeira e Campo de grelos foron os que obtiveron accésit (Gaceta de Galicia, 28-7-1915, p. 1), aínda que non sabemos cal dos dous é o de Juan e cal o de Teodoro Andreu, o outro premiado (Gaceta de Galicia, 31-7-1915, p. 1). polo óleo Los gaiteros del CorpusO xornalista Juan Jesús González describe a obra como segue (orixinal en castelán): «Os Gaiteiros do Corpus en Compostela é un fermoso cadro do señor Martínez Buján [...]. Neste cadro do señor Buján aparecen, efectivamente, eses dous "gaiteiros" [gal. no orixinal], que, durante o traxecto que percorre polas rúas compostelás a procesión do Corpus, van coa súa gaita e o seu tamboril dicindo as "queixas" e os "mormoríos", as "morriñas" e as "nostalgias" da terra galaica. Neste lenzo, dun fondo escuro, saliéntanse as figuras dos dous "gaiteiros", sintetizando unha tradición compostelá e polo tanto galega; tradición na que soubo inspirarse o señor Buján para mover maxistralmente os seus pinceis e traer á nosa vista, pouco facultada na percepción destes traballos artísticos, unha obra mestra, que é unha xoia máis para a galería artístico-pictórica de Galicia, se en Galicia chegárase formar un Museo da Arte. Non falemos dos matices, da seguridade das liñas, dos debuxos, das expresións e do colorido, que son partes integrantes desta preciosa produción do señor Buján, xa que a obra di, conxuntamente, todo o seu valor estético e caracterízase por si mesma; pero diremos, si, que no seu fondo, nese fondo que o artista quixo imprimir á súa obra, hai unha idea, un sentimento perennes, que nos din claramente o obxectivo que perseguiu o señor Martínez Buján para chegar á formar unha xoia máis, que ven enriquecela nosa Arte rexional. É o cadro do señor Buján unha síntese dunha tradición galega, desas tradicións tan vastas e tan gloriosas que foron unificando o alma da nosa raza, nun núcleo de glorias e tradicións venerandas. [...] Así que vendo este lenzo do señor Buján vese arte pura e "enxebre", daquela Arte que amamos aqueles que anhelamos o renacemento galego a base dunha boa conciencia e dunha clara intelixencia. Non dubidamos que non haxa acredores a este cadro do Sr. Buján, xa que é unha obra maxistral e habendo, como tampouco dubidamos que haxa, xente en Santiago amante da Arte galega e que se encariña con estas obras dos nosos artistas…» () En febreiro de 1917 expuxo ao público o óleo premiadoDiario de Galicia, 10-2-1917, p. 1. e en agosto participou na Segunda Exposición de Arte Galega da Coruña, que se desenvolveu entre o 27 de agosto e o 5 de outubro. Nela presentou dúas obras: Fiandeira de Xemerás e La moza del huertoSegunda Exposición de Arte Gallego. La Coruña, 1917, catálogo da exposición, p. 22., e vendeulle unha delas ao avogado Enrique Pérez Ardá por 100 pesetasDiario de Galicia, 11-10-1917, p. 1. Coidamos que o cadro vendido foi o primeiro, logo que o segundo apareceu reproducido uns anos despois en Vida Gallega (25-6-1920, p. 19)., cousa que chamou a atención do xornalista Alejandro Barreiro pola súa xuventude.Barreiro Noya, Alejandro (1917). Del arte gallego. Exposición Regional. Bocetos de crítica por Alejandro Barreiro. Prólogo de Antonio Villar Ponte. A Coruña, p. 162. O 17 de febreiro de 1918 foi sorteado para os quintos do Exército, quedando no posto 246,El Correo de Galicia, 18-2-1918, p. 2. debendo incorporarse a filas con data de 1 de novembro de 1919 no Rexemento de Infantaría nº 12 de ZaragozaEl Eco de Santiago, 18-10-1919, p. 1. (o propio de Santiago). Pero, semella que finalmente ou ben quedou fóra da cota ou ben acudiu ao rescate porque a partir deste ano deu comezo aos seus estudos na Escola Normal de Santiago de Compostela. Tempo despois volvérono chamar da Sección de Quintas do Concello para pechar o asunto.El Compostelano, 17-5-1922, p. 3.

En abril de 1918 convocouse unha grande exposición de arte galega que íase celebrar entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 1919 na cidade arxentina de Buenos AiresGalicia Pintoresca, 28-4-1918, p. 9., certame ao que se inscribiu Martínez Buján. Entrementres, formou parte dunha comisión do Círculo Mercantil de Santiago que tiña intención de por en marcha unha Exposición de Arte Compostelano para o ano 1920, xunto a outros notables artistas santiagueses, a semellanza do celebrado dous anos antes na Coruña, aínda que non acadou as adhesións esperadas e non se materializou. A mediados de xuño de 1919, Juan enviou á exposición de Buenos Aires catro cadrosEl Noticiero Gallego, 18-6-1919, p. 2. (o xa coñecido de Os Gaiteiros do Corpus, Carmela"O seu cadro «Carmela» representa unha mociña, que sentada ao carón do camiño, descansa das tarefas do campo. A xulgar pola dozura e a melancolía que hai no seu mirar e no seu sorriso, dixérase que ocupa o seu pensamento, a lembranza daquel rapaz que en afastadas terras labra o seu porvir"., O Retrato d'o Fillo"«O Retrato d'o Fillo» contén dúas figuras anciás, que sorprenden polo gran carácter que teñen". e Rapazas d'a Mahía"«Rapazas d'a Mahía» aquí, como en «Carmela», volve o artista a facer un verdadeiro alarde de cor, nos típicos panos con que están tocadas as súas figuras, dun sentimento e carácter extraordinarios, que completan as paisaxes que serven de fondo aos seus asuntos"."[...] fermoso cadro ao óleo de dúas medias figuras titulado «Rapazas da Mahía»".). Ao remate da exposición, Juan vendeulle, cando menos, o cadro Rapazas d'a Mahía ao Centro Gallego de Buenos AiresEl Eco de Santiago, 9-4-1920, p. 1.El Orzán, 5-5-1920, p. 1. A noticia denomina á institución bonaerense "Casa de Galicia"., pero entre as vendas non estaba a súa primeira obra, Os gaiteiros do Corpus, porque aparece novamente en exposición no escaparate dunha tenda da compostelá rúa das Orfas a fins de 1921.El Compostelano, 1-12-1921, p. 1.

Ao longo do mes de agosto de 1919 procedeu a decorar o interior do Santuario de Santa María da Franqueira (A Caniza).El Noticiero Gallego, 29-8-1919, p. 1. "[...] labor que realizou con admirable bo gusto". Pouco a pouco, da man de Tito Vázquez, foi comezando a ser recoñecido nos círculos artísticos de Santiago e en abril de 1920 é un dos expertos en arte consultados a propósito do descubrimento de dúas táboas do século XV cos retratos dos Reis Católicos no Hospital Real.El Orzán, 22-4-1920, p. 1.