miniatura|Ecozona do Neártico.
O Neártico, Neoártico ou rexión Neártica é unha das oito ecozonas terrestres que dividen a superficie da Terra. Xunto coa ecozona Paleártica constitúe a rexión Holártica.
A ecozona do Neártico abarca a maior parte de Norteamérica, incluíndo Groenlandia e as montañas do norte de México. Pero México meridional, o sur da Florida, América Central e as illas do Caribe forman parte da ecozona Neotropical, xunto con Suramérica.
O Neártico subdivídese en catro biorrexións: Escudo Canadense Leste de Norteamérica Oeste de Norteamérica Norte de México
Categoría:Ecoloxía