Apollo 13 é un filme estadounidense de 1995, dirixido por Ron Howard. Protagonizárono Tom Hanks, Kevin Bacon, Bill Paxton, Gary Sinise e Ed Harris. O guión é obra de William Broyles, Jr. e Al Reinert, que dramatiza a misión lunar abortada de 1970 Apollo 13. O filme é unha adaptación do libro Lost Moon do astronauta Jim Lovell e Jeffrey Kluger.
Trama
Narra a historia da nave espacial Apollo 13, que engalou con tres astronautas a bordo para viaxar á Lúa, onde dúas deles realizarían tarefas de exploración. Unha vez no espazo prodúcese unha explosión a bordo. As avarías resultantes poñen en serio perigo a vida dos tres homes. Eles convértense agora na máxima prioridade do centro de control de Houston. Con todo, a nave debe continuar a súa viaxe cara á Lúa e aproveitar a súa forza gravitatoria para dar a volta e volver á Terra. Pero ninguén sabe se a nave resistirá durante os minutos que durará a entrada na atmosfera terrestre.
Personaxes Tom Hanks como Comandante da Apollo 13 Jim Lovell Bill Paxton como Piloto do módulo da Apollo 13 Fred Haise Kevin Bacon como Jack Swigert Gary Sinise como Ken Mattingly Ed Harris como Gene Kranz Kathleen Quinlan como Marilyn Chris Ellis como Deke Slayton Joe Spano como "Director da NASA" Marc McClure como Glynn Lunney Clint Howard como Sy Liebergot Ray McKinnon como FIDO (Flight Dyamics Officer) Todd Louiso como FAO (Flight Activities Officer) Loren Dean como John Aaron Xander Berkeley como "Henry Hurt" David Andrews como Comandante da Apollo 12 Pete Conrad Christian Clemenson como Charles Berry Ben Marley como John Young Brett Cullen como CAPCOM 1 Ned Vaughn como CAPCOM 2 Tracy Reiner como Mary Mary Kate Schellhardt como Barbara. Max Elliott Slade como James (Jay) Emily Ann Lloyd como Susan. Miko Hughes como Jeffrey. Thom Barry como Ancián
Características Está baseada no libro Lost Moon, de Jim Lovell e Jeffrey Kluger. Gañou dous Premios Óscar, ó mellor son, e á mellor montaxe, e obtivo outras sete nomeamentos, á mellor película, ao mellor actor secundario (Ed Harris), á mellor actriz secundaria (Kathleen Quinlan), á mellor dirección artística, ao mellor guión adaptado, aos mellores efectos especiais, e á mellor música.
Notas
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Howard Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes rodados en Houston, Texas Categoría:Filmes ambientados en 1967 Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes ambientados en 1970 Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX