A Igrexa dos Santos Xusto e Pastor é un templo católico que se atopa na localidade de Cuenca de Campos (provincia de Valladolid).Igrexa dos Santos Xusto e Pastor pueblos-espana.org Está declarado Ben de Interese Cultural.

Descrición Trátase dun edificio do románico mudéxar construído no século XVI.Igrexa de San Xusto e Pastor tierradecampos.com

Unha porta alintelada precedida dun pórtico permite acceder ó templo a través dunha das tres naves e a da Epístola. Ditas naves atópanse separadas por columnas da orde xónica e as armaduras que as cobren considéranse as mellores da provincia en arte mudéxar.

As zapatas das columnas que sosteñen o teito foron decoradas no renacemento con bustos representando ás virtudes.

Na capela maior destaca o artesoado que a cobre pola súa lacería, policromado e piñas de mozárabes.

O retablo, construído ó redor do ano 1580, inclúe tallas dos santos Xusto e Pastor, entre outras atribuídas ó artista Pedro de Bolduque.

A igrexa conta cunha torre de ladrillo de dous corpos. O inferior alberga unha capela cuberta por bóveda de crucería gótica.

Notas

Categoría:Igrexas da provincia de Valladolid Categoría:Bens de Interese Cultural de Castela e León