A dos bubalinos (Bubalina) é unha subtribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que comprende dous xéneros: Bubalus — os búfalos de Asia Syncerus — os búfalos africanos
Aspectos xerais Os búfalos derivan dunha cepa común, que é asiática. Ao longo dos séculos apareceron diferenzas, de tal xeito que hoxe existen dúas liñaxes principais: os búfalos de Asia e os búfalos de África, que constitúen, respectivamente os xéneros Bubalus Hamilton Smith, 1827 e Syncerus Hodgson, 1847.
Preto dun millón de búfalos viven no continente africano, tres cuartas partes do cales en áreas protexidas desde o sur do Sáhara até o sur de Suráfrica.Revisyta GEO, n°384, febreuro de 2011, p. 80.
O búfalo foi domesticado en Asia e unha cepa foi importada en Europa (o chamado búfalo mediterráneo.
Os búfalos machos adultos pesan de 700 a 900 kg, contra os 500 kg de media nas femias. Os machos midenaté 3,5 m de lonxitude, cuha altura na cernella duns 1,70 m, e as búfalas uns 2,5 m de lonxitude e alcanzan unha altura na cernella duns 1,4 m.
Os únicos depredadores dos búfalos son o tigre en Asia e o león en África. Estes atacan unicamente a individuos vulnerábeis, como xuvenís, vellos ou enfermos.
Grandes, fortes e musculados, os búfalos poden correr con gran velocidade, de até os 30 km/h os machos máis masivos, e de até os 55 km/h as fremias, máis lixeiras. Menos rápidos que outros herbívoros, son moi poderosos e deféndense trucando cos seus cornis.
Os búfalos africanos son gregarios, irascíbeis e moi perigosos, e poden matar os leóns ou aos cazadores.
Especies e subespecies miniatura|230px|Carabao (Bubalus bubalis carabaemsis. miniatura|230px|Anoa das chairas (Bubalus deprerssicornis). Os bífalos son ruminantes pertencentes á faminlia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos. Existen dous xéneros:
1. Xénero Bubalus Hamilton Smith, 1827 - (búfalos asiáticos) Subxénero Bubalus Bubalus bubalis (o búfalo propiamente dito ou búfalo acuático) Bubalus bubalis carabanesis (carabao) Bubalus bubalis bubalis (búfalo acuático) Bubalus arnee (búfalo acuático salvaxe) Subxénero Anoa Bubalus depressicornis (anoa, anoa das chairas ou búfalo anano) Bubalus quarlesi (anoa de montaña)
Algúns zoólogos dividen os búfalos asiáticos acuáticos (Bubalus bubalis) en tres especies:Roth, J. & P. Myers (2004): Bubalis Bubalis. Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía. .
Bubalus carabanesis (carabao de Filipinas) Bubalus bubalis (búfalo acuático doméstico) Bubalus arnee (búfalo acuático salvaxe, unha rara especie en perigo de extinción que sería a antecesora dos búfalos domésticos)
2. Xénero Syncerus Hodgson, 1847 - (búfalo africano) miniatura|230px|Distribución de Syncerus caffer.
Syncerus caffer (búfalo africano) Syncerus caffer caffer - (búfalo negro, búfalo do Cabo= Syncerus caffer aequinoctialis - (búfalo do Nilo) Syncerus caffer brachyceros - (búfalo do Sudán) Syncerus caffer matthewsi - (búfalo de montaña; habita en zonas montañosas, e non está universalmente recoñecido) Syncerus caffer nanus - (búfalo anano, búfalo de bosque)
A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusinóns debido á gran variabilidase da especie.Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 279-280.
Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,Haltenorth, R. & Doller, H. (1986), pp. 106-108.Syncerus no NCBI. (véxase o mapa) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Filoxenia Segundo estudos xenéticos efectuados por Alexandre Hassanin e Anne Ropiquet en 2004,Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937". En: Molecular Phylogenetics and Evolution, 33 (3): 896–907. os búfalos asiáticos e o africano son, polo menos a nivel de ADN mitocondrial, unha unidade monofilética.
Porén, un estudo exhaustivo das relacións dos bovinos, incluíndo tamén s ADN do núcleo celular segue pendente.
Cladograma Cladograma que mostra as relacións e ntre os xéneros Syncerys e Bubalus, así como de Bos", Bison e outros xéneros: miniatura|230px|Búfalo acuático salvaxe (Bubalus arnee).
Notas:- Bubalus mindorensis e Bubalus quarlesi non foron incluídos neste estudo.- Bos rimigenius aquí simplifícase: os domesticados están representados mas formas B. p. f. taurus (boi) e B. p. f. indicus (cebú).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Bóvidos Bovinos Bovininos Ligazóns externas Bubalus en ADW Bubalus depressicornis Smith, 1827 en widlcattle conservation.org Syncerus caffer en ADW Syncerus caffer no NCBI
Categoría:Bóvidos