Cable News Network (en galego: Cadea de Noticias por Cable), máis coñecido polas súas siglas (CNN), é unha cadea de televisión estadounidense fundada en 1980 polo empresario Ted Turner. Actualmente é parte de Time Warner. CNN foi a primeira cadea de televisión en cubrir noticias as 24 horas do día.

Desde o seu lanzamento o 1 de xuño de 1980, a cadea expandiuse notablemente, incluíndo na actualidade 15 cadeas de televisión de cable e satélite, doce sitios web e dúas cadeas de radio. CNN lanzou tamén varias cadeas noutras linguas, como castelán e turco.

Actualmente CNN é a canle de noticias máis visto nos Estados Unidos, seguíndolle Fox News Channel. As cadeas en español son: CNN en Español, CNN Latino e CNN Chile; CNN distribúe tamén programas de radio en español.

En 1997 foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Cadeas especializadas miniatura|250px|Reporteros da CNN preparándose para emitir desde Washington DC. miniatura|250px|Debate televisado por CNN en Español e Canle 13 de Chile, cos candidatos á elección presidencial de 2005 dese país.

CNN Airport Network: Cadea satelital que emite para os aeroportos estadounidenses. CNN en Español: Cadea que emite para América Latina. Foi lanzada o 17 de marzo de 1997. A súa sede atópase en Atlanta. CNN Chile: Cadea que emite noticias exclusivas para Chile. Comezou as súas transmisións o día 4 de decembro de 2008. A súa sede está en Cidade Empresarial, Huechuraba, Santiago de Chile, cobre a nivel nacional por Movistar TV, VTR, Telefónica do sur, GTD e cable operadoras. HLN: Cadea que é un spin-off da CNN orixinal. Naceu en 1982 como CNN2, pero en 1983 cambiou o seu nome a Headline News. Ata 2001 utilizaba un esquema similar ao de Canle 24 Horas de TVE, emitindo noticias cada 30 minutos, pero actualmente emite bloques de informativos de 4 horas ademais de programas de conversación. CNN International: Emisión internacional de CNN estreada en 1985 que combina programas de CNN Estados Unidos (Anderson Cooper 360°, CNN Tonight) e outros de carácter propio (Inside the Middle East, CNN Newsroom) algúns deles emitidos desde Londres e Hong Kong e que compite con BBC World. Chega a máis de 200 países en todo o mundo. CNN Türk: Cadea estreada o 11 de outubro de 1999. Emite información para Turquía, sendo a súa sede Istanbul. CNN-IBN, Indian Broadcasting Network: Cadea estreada en 2005 que emite en inglés para a India. É unha alianza entre Global Broadcast News (GBN) e Turner International (Turner). CNNj: Cadea estreada o 24 de marzo de 2003 que emite para Xapón a través de SKY PerfecTV! CNN Latino: cadea estreada o 28 de xaneiro de 2013, creada para o público de fala española nos Estados Unidos, unha versión de CNN en Español e que constitúe un primeiro chanzo da rede fóra da televisión por cable.

Cadeas anteriores CNN Checkout Channel: canle baseada en seguimento personalizado para as tendas de comestibles, iniciouse en 1991 e pechou en 1993. CNN Italia: un sitio web de noticias italiano en colaboración coa editorial Gruppo Editoriale L'Espresso, e despois co xornal financeiro Il Sole 24 Ore, lanzado o 15 de novembro de 1999 e pechado o 12 de setembro de 2003. CNN +: Cadea que emitía para España, lanzada en 1999 grazas a unha alianza entre Prisa TV e Turner Broadcasting. No ano 2006 comezou as emisións desde a Televisión Dixital Terrestre. O contrato finalizou en xaneiro de 2009, o cal foi renovado por dous anos máis, pero tralo acordo de fusión por absorción de Telecinco e Cuatro, Prisa TV decidiu pechar a canle escusándose nos seus diversos problemas económicos. A canle cesou as súas emisións o 28 de decembro de 2010. CNNfn, Financial News: Cadea estreada o 29 de decembro de 1996 dedicada á economía e finanzas. Pechou en decembro de 2004. CNN.com Live: canle realizada en substitución de CNN Pipeline, emitía a través de Internet. CNN Pipeline: Cadea estreada o 5 de decembro de 2005 que emitía as 24 horas a través de Internet, foi substituído polo servizo CNN.com Live CNN Sports Illustrated: Cadea estreada o 12 de decembro de 1996 dedicada aos múltiples deportes. Foi pechada en 2002 debido á forte competencia proporcionada por ESPNEWS e National Sports Report de Fox Sports Net, ademais de chegar a só 20 millóns de espectadores, pouco comparado cos 86,5 millóns de ESPN. CNN Norge: foi sitio web especializado para Noruega. CNN Sverige: servizo especializado para Suecia, apagado en 2001. CNN en Portugués: foi sitio web en idioma portugués. Tiña oficinas en São Paulo e incluía un sitio para Brasil (cnn.com.br).

Sedes e oficinas miniatura|Localizacións das corresponderías e oficinas de CNN dereita|miniatura|The CNN Center en Atlanta dereita|miniatura|CNN en Nova York miniatura|Estudos no CNN Center

Estados Unidos Atlanta (sede central) Boston Chicago Dallas Os Ánxeles Miami Nova Orleáns Nova York San Francisco Washington, D.C. Columbus Denver Houston Las Vegas Minneapolis Orlando Filadelfia Phoenix Raleigh-Durham Seattle Mundial Nota: Moitas das axencias seguintes pecháronse debido á crise financeira ou recortes presupostarios. Roma, Italia Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos (sede rexional Oriente Medio) Caracas, Venezuela Bagdad, Iraq Bangkok, Tailandia Pequín, China Beirut, Líbano Berlín, Alemaña Buenos Aires, Arxentina O Cairo, Exipto Dubai, Emiratos Árabes Unidos A Habana, Cuba Hong Kong (sede rexional Asia/Pacífico) Islamabad, Paquistán Istanbul, Turquía (Sede de CNN Türk) Iacarta, Indonesia Teherán, Irán (ata as eleccións de 2009, cando os medios de comunicación estranxeiros foron expulsados ??do país) Xerusalén, Israel Xohanesburgo, Suráfrica Lagos, Nixeria Londres, Reino Unido (sede rexional Europa) Madrid, España Cidade de México, México Moscova, Rusia Nairobi, Kenya Nova Delhi, India (Sede de CNN-IBN) París, Francia Río de Xaneiro, Brasil Santiago de Chile, Chile (Sede de CNN Chile) São Paulo, Brasil Seúl, Corea do Sur Singapur, Singapur Sydney, Australia Tokyo, Xapón (Sede de CNNj)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CNN International CNN +

Ligazóns externas CNN en español CNNExpansión.com CNN (Inglés) CNN ONLINE

Categoría:CNN