San Pedro de Eume é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2019 tiña 101 habitantes (58 homes e 43 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 126 habitantes.
Toponimia Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.
Historia En xullo de 1982 a parroquia segregouse do concello da Capela xunto coas de Bermui, Espiñaredo, Goente, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasando a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez.
Lugares e parroquias Lugares de San Pedro de Eume
Parroquias das Pontes de García Rodríguez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Pontes de García Rodríguez
Categoría:Parroquias das Pontes de García Rodríguez Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía