alt=Momento de celebración na Galiciencia 2018|miniatura|Momento de celebración na Galiciencia 2018
Galiciencia é unha feira anual sobre ciencia orientada para o estudantado galego. Naceu en 2007, e conta co padroado da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Nun principio celebrouse en Ourense, en desde 2010 celébrase en San Cibrao das Viñas, nas instalacións de Tecnópole.
Características O obxectivo principal desta iniciativa é servir de punto de encontro para estudantes da ESO e Bacharelato (a partir de 2015, tamén primaria) con ideas innovadoras, para amosarllas ó público nos cubículos que o Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición tres días na época da Semana da Ciencia.
Ademais de facilitar o desprazamento e estancia dos estudantes en Ourense e montar a infrastrutura da feira, hai actividades paralelas para público e expositores.
Edicións alt=Un momento de explicación do proxecto 'Astronomía, nacemento, rendemento', na Galiciencia 2016|miniatura|Un momento de explicación do proxecto 'Astronomía, nacemento, rendemento', na Galiciencia 2016
En 2006 celebrouse baixo o nome de Expociencia. Asistiron como visitantes 1000 persoas, incluíndo 15 centros escolares. A exposición foi complementada co 'planetario burbulla', un 'obradoiro de maxia química e CSI, a exposición 'a Través da Enerxía' e a xornada de formación que incluíu a mesa redonda intitulada 'É posible investigar na ESO?'. Completouse cunha xornada de portas abertas o sábado 18 de novembro e sesións de cine relacionado coa tecnoloxía.
A edición 2007 xa tivo o nome de Galiciencia. No auditorio de Ourense participaron 2000 persoas e 85 estudantes presentaron un total de 31 proxectos innovadores ós visitantes desta feira. No ano 2007 ganaron como 2º e 1º premio dous colexios de Galicia, o colexio de San Mamede e o Guillerme Brown, cun traballo sobre a alimentación da curuxa e un sistema contra incendios.
A edición de 2008 tivo lugar o 18 e 20 de novembro no Auditorio de Ourense.
A terceira edición como Galiciencia, celebrada en 2009, incluíu 34 proxectos (18 orixinados en Galicia e 16 de Barcelona). Houbo 2700 visitas, 2150 de escolares de toda Galicia que se achegaron ó Auditorio de Ourense en grupos organizados e máis de 600 visitantes libres.
En 2015 celebrouse a décima edición, do 18 ó 20 de novembro. Incorporouse unha sección de proxectos de primaria, que só son expostos durante unha mañá: 10 o mércores 18, 10 o xoves 19 e 2 o venres 20. As actividades incluíron talleres sobre a luz a diversos niveis, incluíndo a luz láser, e exposicións: Galiciencia, 10º aniversario e Un universo de luz.
A XI edición tivo lugar os días 16,17 e 18 de novembro de 2016.
A de 2017 foi a última edición celebrada en novembro. A temática elixida foi a astronomía.
A edición de 2018 tivo lugar entre o 9 e o 11 de maio. A temática elixida foi o cambio climático. Participaron 50 proxectos de secundaria e 27 de primaria. É a primeira edición na que a mostra non se fai en novembro. Ganou o primeiro premio o Proxecto Rebinxe.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web de galiciencia Web de Tecnópole Flickr de Galiciencia 2008 Flickr de Galiciencia 2009 Facebook de Galiciencia Vídeo da Galiciencia 2018 Espectáculo sobre o cambio climático (2018)
Categoría:Ciencia e tecnoloxía en Galicia Categoría:San Cibrao das Viñas