Santiago de Pontedeume é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o Instituto Nacional de Estadística tiña en 2010 unha poboación de 4.624 habitantes (2.395 mulleres e 2.229 homes), o que supón unha diminución de 107 habitantes con respecto ao padrón municipal de 2004, cando tiña 4.731 habitantes (2.498 mulleres e 2.233 homes).
Nesta parroquia identifícanse os conceptos de parroquia e lugar ao existir unha única entidade de poboación totalmente urbana que é a máis importante do concello e onde está a capitalidade municipal.
Historia En 1884 a parroquia anexou os barrios e lugares do Picho, Porto, Fontenova, Souto da Vila, Fieitela, Penedos e Aguabar, anteriormente pertencentes ás parroquias de Breamo e Vilar.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Pontedeume
Lugares e parroquias Lugares de Pontedeume
Parroquias de Pontedeume
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontedeume
Categoría:Parroquias de Pontedeume Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior