Orani João Tempesta, nado o 23 de xuño de 1950 en São José do Rio Pardo (São Paulo) é un cardeal e arcebispo católico latino brasileiro.

Traxectoria Naceu en São José do Rio Pardo o 23 de xuño de 1950, e ingresou na Orde do Císter o 2 de febreiro de 1969. Foi ordenado sacerdote en 1974.

En 1984 pasou a ser prior do mosteiro cistercense de San Bernardo de São José do Rio Pardo e, coa elevación do mosteiro a abadía, converteuse no primeiro abade.

O 26 de febreiro de 1997 foi elixido bispo de Rio Preto. Recibiu a consagración episcopal o 25 de abril de 1997 de mans de José de Aquino Pereira, tendo como co-consagrantes aos bispos Dadeus Grings e Luiz Gonzaga Bergonzini.

Entre o 24 de marzo de 1999 e o 11 de decembro de 2002 foi administrador apostólico de Claraval.

O 13 de outubro de 2004 foi elixido arcebispo de Belém do Pará.

O 27 de febreiro de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo do Río de Xaneiro. Tomou posesión da arquidiocese o 19 de abril.

O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria Madre della Provvidenza a Monte Verde.

Véxase tamén Ligazóns externas @domoranijoao. Conta persoal oficial en Twitter . Páxina web oficial . Perfil na web do Vaticano . Perfil en Catholic-Hierarchy.org .

Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais do Brasil Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Relixiosos católicos do Brasil Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cistercienses