O lago de Certascan (en catalán: estany de Certascan ou Sertascan) é un lago de orixe glacial que se atopa a 2.236 metros sobre o nivel do mar, na cabeceira do concello de Vall de Cardós, na comarca catalá de Pallars Sobirà, e ao leste do pico de Certascan (de 2.853 de altitude).

Do seu desaugadoiro xorde o río de Certascan, que morre no río de Lladorre. Na actualidade, o lago aprovéitase para a obtención de enerxía hidroeléctrica a través dun encoro que conecta o lago coa central de Tavascan cunha canle de condución de auga. Trátase do meirande lago dos Pireneos cataláns e tamén un dos máis fondos.

Galería de imaxes esquerda|800px|miniatura|Lago de Certascan en setembro de 2014. esquerda|800px|miniatura|Vista dos Pireneos cataláns co lago de Certascan ao fondo en setembro de 2014.

Véxase tamén Ligazóns externas Lacs des Pyrenees

Categoría:Lagos e lagoas de España Categoría:Accidentes xeográficos de Cataluña