Mariano Veloy García, nado na Coruña o 17 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 3 de febreiro de 1988, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Comezou a súa carreira no equipo da Fábrica de Armas, fundado polo seu tío Rodrigo García Vizoso na Coruña. Cando militaba no equipo herculino, un patrón de pesca propúxolle facer unha proba no Espanyol, trala que asinou un contrato de cinco tempadas co club catalán, aínda que a súa estancia cos periquitos acrecentaríase ata un total de once tempadas. Con eles participaría en partidos históricos para o club, coma a goleada acadada en Sarrià por 6-0 fronte ó Fútbol Club Barcelona. Despois do seu paso polo Espanyol, xogou unha tempada no Real Avilés. Trala súa retirada, estabeleceuse en Barcelona, onde viviu ata a súa morte.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFutbol

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Xuvenil Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Finados en 1988