O Trofeo Ciudad de Oviedo foi un torneo futbolítico de verán que tiña lugar no estadio Carlos Tartiere en Oviedo no mes de agosto. Foi organizado entre 1976 e 1996, aínda que houbo varios anos nos que non se celebrou.
Historia Dende a súa creación ata o ano 1979, recibiu o nome de Trofeo Presidente. Entre 1980 a 1987, foi chamado Trofeo Ciudad de Oviedo, nome que tamén lle foi dado entre 1993 e 1996. No intervalo que vai dende 1988 ata 1992, foi coñecido como Trofeo Caja de Ahorros de Asturias.
Nas dúas primeiras edicións participarons catro equipos nun formato de eliminatorias, mudando despois a un formato triangular que se mantería entre 1978 e 1988, e tamén na edición de 1993. De 1989 ata 1996, disputouse a partido único entre dous equipos, coa excepción da antedita edición de 1993. O torneo non foi disputado nos anos 1981 e 1983.
Palmarés Ano Campión Subcampión Terceiro clasificado Cuarto clasificado 1976 Os Belenenses Sporting de Xixón Sporting de Lisboa / Real Oviedo - 1977 Racing de Santander Real Oviedo Burgos CF UP Langreo 1978 Deportivo da Coruña Real Avilés Real Oviedo - 1979 Burgos CF Real Oviedo Racing de Santander - 1980 Sporting de Xixón Real Oviedo Athletic Club - 1981 Non se disputou 1982 Real Oviedo UD Salamanca Real Valladolid - 1981 Non se disputou 1984 Real Oviedo Osasuna Racing de Santander - 1985 Real Oviedo Sporting de Xixón Celta de Vigo - 1986 Sporting de Xixón Real Oviedo Sestao Sport Club - 1987 Real Oviedo Pumas UNAM Real Valladolid - 1988 Real Oviedo Boca Juniors - - 1989 Palmeiras Real Oviedo - - 1990 Bayer Leverkusen Real Oviedo - - 1991 Real Oviedo Hajduk Split - - 1992 Real Oviedo Dinamo de Bucarest - - 1993 AC Milan Real Oviedo FC Barcelona - 1994 FC Barcelona Real Oviedo - - 1995 Real Oviedo Racing de Santander - - 1996 FC Barcelona Real Oviedo - -
Títulos por clubs Equipo Títulos Anos Real Oviedo81982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1995 Sporting de Xixón21980, 1986 FC Barcelona21994, 1996 Os Belenenses11976 Racing de Santander11977 Deportivo da Coruña11978 Burgos CF11979 Palmeiras11989 Bayer Leverkusen11990 AC Milan11993
Notas
Categoría:Torneos amigables de fútbol de España Categoría:Real Oviedo