Theodosia Burr Goodman, nada en Cincinnati (Ohio) o 29 de xullo de 1885 e finada nos Ánxeles (California) o 7 de abril de 1955 foi unha actriz estadounidense coñecida como Theda Bara.

Bara foi unha das actrices máis populares do cinema mudo e unha das primeiras sex symbols do cinema anterior ao código de produción. Os seus papeis de femme fatale valéronlle o alcume de The Vamp, abreviatura de vampire ("vampiresa"). Bara traballou en máis de corenta filmes entre 1914 e 1926, pero a maioría desapareceron nun incendio en 1937. Tralo seu matrimonio con Charles Brabin en 1921, actuou en dous filmes e retirouse en 1926, sen aparecer nunca nun filme sonoro.

Traxectoria Nada no barrio de Avondale, Cincinnati, o seu pai era Bernard Goodman (1853–1936),"Theda makes 'em all Baras," New York Times, 17 de novembro de 1917 un próspero xastre xudeu nado en Polonia. A súa nai, Pauline Louise Françoise de Coppett (1861–1957), naceu en Suíza. Bernard e Pauline casaron en 1882 e tiveron outros dous fillos, Marque Marque (1888–1954)"Marque Bara", Newport Daily News (Newport, Rhode Island), 26 de abril de 1954, p. 2. e Esther (1897–1965), que tamén foi actriz co nome artístico de Lori Bara e casou co londiniense Francis W. Getty en 1920.

Bara graduouse no instituto en 1903 e asistiu á Universidade de Cincinnati durante dous anos, tras os que comezou a actuar en producións teatrais. Tras mudarse a Nova York en 1908, debutou en Broadway en The Devil (1908).

A maioría dos primeiros filmes de Bara filmáronse na costa leste, especialmente en Fort Lee, Nova Jersey. O ascenso de Hollywood como centro da industria cinematográfica estadounidense levouna a marchar aos Ánxeles para rodar Cleopatra (1917), que foi o seu maior éxito. Aínda que non se conserva o filme si existen moitas fotografías de Bara vestida como Cleopatra. miniatura|Bara en Cleopatra (1917)

Entre 1915 e 1919, Bara foi a maior estrela do estudio Fox, pero cansa de interpretar sempre o papel de vampiresas deixou expirar o seu contrato de cinco anos. A súa carreira esmoreceu sen o apoio da Fox e tras The Lure of Ambition (1919) non interveu en ningún filme ata The Unchastened Woman (1925) para Chadwick Pictures Corporation. Bara retirouse tras rodar un último filme, a curtametraxe cómica Madame Mystery (1926), producida Hal Roach e dirixida por Stan Laurel, na que parodiaba a súa imaxe de vampiresa.

No cumio da súa fama Bara gañaba 4000 dólares á semana. Para ampliar a súa imaxe exótica, durante a promoción de Cleopatra os publicistas de Fox Studio notaron que o seu nome artístico era un anagrama de Arab death (“morte árabe”) e os seus axentes de prensa afirmaron que era "a filla dun xeque árabe e unha muller francesa, nada no Sahara.""Cleopatra (1917)". The New York Times, Film review. Consultado o 29 de maio de 2011 Ese mesmo ano a familia Goodman cambiou legalmente o seu apelido por Bara. En 1921 casou co director Charles Brabin en 1921.

Faleceu o 7 de abril de 1955 vítima dun cancro de estómago e foi enterrada co nome de Theda Bara Brabin en Glendale (condado dos Ánxeles).

Filmografía miniatura|175px miniatura|175px Ano Filme Papel Notas 1914 The Stain Gang moll Como Theodosia Goodman 1915 Siren of Hell Filme perdido 1915 A Fool There Was The Vamp 1915 The Kreutzer Sonata Celia Friedlander Filme perdido 1915 The Clemenceau Case Iza Filme perdido 1915 The Devil's Daughter La Gioconda Filme perdido 1915 Lady Audley's Secret Helen Talboys Filme perdido 1915 The Two Orphans Henriette Filme perdido 1915 Sin Rosa Filme perdido 1915 Carmen Carmen Filme perdido 1915 The Galley Slave Francesca Brabaut Filme perdido 1915 Destruction Fernade Filme perdido 1916 The Serpent Vania Lazar Filme perdido 1916 Gold and the Woman Theresa Decordova Filme perdido 1916 The Eternal Sapho Laura Bruffins Filme perdido 1916 East Lynne Lady Isabel Carlisle 1916 Under Two Flags Cigarette Filme perdido 1916 Her Double Life Mary Doone Filme perdido 1916 Romeo and Juliet Xulieta Filme perdido 1916 The Vixen Elsie Drummond Filme perdido 1917 The Darling of Paris Esmeralda Filme perdido 1917 The Tiger Woman Princess Petrovitch Filme perdido 1917 Her Greatest Love Hazel Filme perdido 1917 Heart and Soul Jess Filme perdido 1917 Camille Marguerite Gauthier Filme perdido 1917 Cleopatra Cleopatra Consérvanse uns vinte segundos 1917 The Rose of Blood Lisza Tapenka Filme perdido 1917 Madame Du Barry Madame du Barry Filme perdido 1918 The Forbidden Path Mary Lynde Filme perdido 1918 The Soul of Buddha Priestess Filme perdido 1918 Under the Yoke Maria Valverda Filme perdido 1918 Salomé Salomé Filme perdido 1918 When a Woman Sins Lilian Marchard / Poppea Filme perdido 1918 The She Devil Lorette Filme perdido 1919 The Light Blanchette Dumond (Madame Lefresne) Filme perdido 1919 When Men Desire Marie Lohr Consérvanse 17 segundos 1919 The Siren's Song Marie Bernais Filme perdido 1919 A Woman There Was Princess Zara Filme perdido 1919 Kathleen Mavourneen Kathleen Cavanagh Filme perdido 1919 La Belle Russe Fleurett Sackton/La Belle Russe Filme perdido 1919 The Lure of Ambition Olga Dolan Filme perdido 1925 The Unchastened Woman Caroline Knollys 1926 Madame Mystery Madame Mysterieux 1926 45 Minutes from Hollywood Ela mesma Curtametraxe

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía "Theda Bara" en Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia

Categoría:Actores de Ohio Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de radio Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Finados por cancro Categoría:Estadounidenses de ascendencia suíza Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia polaca