A Igrexa Apostólica Armenia (en , tr. "Hay Aṙak̕elakan Surp Yekeġetsi") é a igrexa nacional máis antiga do mundo. Armenia foi a primeira nación en adoptar o cristianismo como relixión oficial. Forma parte da comuñón das igrexas ortodoxas orientais. Armenia foi o primeiro país en adoptar o cristianismo como relixión oficial, no ano 301. A Igrexa sostén que a súa orixe está nos viaxes misionais dos apóstolos Bertomeu e Xudas Tadeu no século I, e o país é un dos centros do cristianismo primitivo. Estrutura A Igrexa apostólica armenia estrutúrase territorial e administrativamente en diferentes niveis. A continuación preséntase estruturada a organización: Santa Sé ou Catolicado de Ēǰmiaçin[ tamén coñecido como o catolicado de todos os armenios: Patriarcado de Constantinopla. Patriarcado de Xerusalén. Dioceses en Armenia: Diocese de Ararat. Diocese de Aragaçotn. Diocese de Armavir. Diocese de Artʼik. Geġarkʼownikʼ. Diocese de Gowgarkʼ. Diocese de Kotaykʼ. Diocese de Masyacʼotn. Diocese de Širak. Diocese de Syownikʼ. Diocese de Tavowš. Diocese de Vayocʼ Jor. Dioceses noutros países de Europa: Diocese de Alemaña. Diocese de Bulgaria. Diocese de Francia. Diocese de Gran Bretaña e Irlanda. Diocese de Grecia. Diocese de Krasnodar e o Cáucaso norte. Diocese de Nakhichevan e Rusia. Diocese dos Países Bálticos. Diocese de Romanía. Diocese de Suíza. Diocese de Ucraína. Diocese de Xeorxia. Dioceses en Asia: Diocese de Acerbaixán. Diocese de Arcʼax. Diocese de Atropatene. Diocese de Damasco. Diocese de Iraq. Diocese de Isfahán. Diocese de Teherán. Dioceses en África: Diocese de Exipto. Dioceses en América: Diocese da Arxentina. Diocese do Brasil. Diocese do Canadá. Diocese dos Estados Unidos occidentais. Diocese dos Estados Unidos orientais. Diocese do Uruguai. Dioceses en Oceanía: Diocese de Australia e Nova Zelandia. Santa Sé ou Catolicado de Cilicia: Prelatura de Aderbadagan. Prelatura de Alepo. Prelatura do Canadá. Prelatura de Chipre. Prelatura dos Emiratos Árabes Unidos e Qatar. Prelatura dos Estados Unidos occidentais. Prelatura dos Estados Unidos orientais. Prelatura de Grecia. Prelatura de Isfahán. Prelatura de Kuwait. Prelatura do Líbano. Prelatura de Teherán.
Notas