Kokowääh é un filme alemán dirixido e protagonizado por Til Schweiger que se estreou no 2011. Foi estreado nos países de fala alemá (Alemaña, Austria e Suíza) o 3 de febreiro de 2011. Está protagonizado por Til Schweiger, a súa filla Emma Tiger Schweiger, Jasmin Gerat e Samuel Finzi. Outra das fillas de Schweiger, Luna Schweiger, fai un pequeno papel no filme. Kokowääh fai referencia ó xeito no que un alemán que non sabe francés diría "coq au vin" (polo ó viño). A súa secuela, Kokowääh 2, foi estreada o 7 de febreiro de 2013, con Schweiger como director, co-guionista e produtor.

Sinopse Henry é un escritor frustrado que un bo día se atopa con Magdalena, unha nena de oito anos, na porta da súa casa. A pequena resulta ser a súa filla, o que cambiará a súa vida para sempre.

Personaxes Til Schweiger como Henry Emma Tiger Schweiger como Magdalena Jasmin Gerat como Katharina Samuel Finzi como Tristan Numan Açar como traballador Meret Becker como Charlotte Anne-Sophie Briest como nai no supermercado Anna Julia Kapfelsperger como Bine Friederike Kempter como axente Torsten Künstler como courier Miranda Leonhardt como Maria Misel Maticevic como Rob Kaufmann Genoveva Mayer como muller do bar Sönke Möhring como policía Jessica Richter como Esther Luna Schweiger como filla no supermercado Katharina Thalbach como paciente Sanny van Heteren como Christiane Johann von Bülow como bombeiro Richard von Groeling como Rashid Jahmar Walker como "Chap" Ulrich Wickert como newscaster Birthe Wolter como recepcionista Fahri Ogün Yardım como repartidor da pizza

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Til Schweiger Categoría:Filmes ambientados en Berlín