Silver Linings Playbook é un filme estadounidense escrito e dirixido por David O. Russell que se estreou no 2012. O filme é unha adaptación da novela The Silver Linings Playbook de Matthew Quick. Está protagonizado por Bradley Cooper e Jennifer Lawrence, xunto con Robert De Niro, Jacki Weaver, Chris Tucker, Anupam Kher e Julia Stiles nos papeis de elenco.
Cooper interpreta a Patrick "Pat" Solatano, Jr., un home con desorde bipolar que acaba de saír dun hospital psiquiátrico e volve a casa dos seus pais, interpretados por Robert De Niro e Jacki Weaver. Determinado a recuperar de novo a súa muller, Pat coñece a Tiffany Maxwell, a viúva intepretada por Jennifer Lawrence, que lle ofrece axuda se accede a participar con ela nunha competición de baile. Os dous fanse cada vez máis íntimos a medida que adestran, e Pat, o seu pai, e Tiffany examinan as súas relaciones cos demais, para facer fronte ós seus problemas.
Sinopse Logo de oito meses nun centro de saúde mental por agredir ó amante da súa muller, Pat (Bradley Cooper) regresa a casa dos seus pais (Robert De Niro e Jacki Weaver). Aínda que está decidido a facer todo o posible para recuperar a súa exmuller, a situación cambia cando coñece a Tiffany (Jennifer Lawrence), unha rapaza viúva con problemas e mala reputación. Malia a mutua desconfianza inicial, axiña xorde entre eles un estreito vencello que os axudará a atopar o lado bo das cousas.
Personaxes Bradley Cooper como Patrick "Pat" Solatano, Jr., un antigo profesor acabado de divorciar Jennifer Lawrence como Tiffany Maxwell, a moza viúva Robert De Niro como Patrizio "Pat" Solatano, pai de Pat Jacki Weaver como Dolores Solatano, nai de Pat Shea Whigham como Jake Solatano, irmán de Pat Julia Stiles como Veronica, irmá de Tiffany John Ortiz como Ronnie, marido de Veronica Cheryl Williams como Mrs. Maxwell, nai de Tiffany e Veronica Maxwellhttp://temple-news.com/living/people-you-should-know-cheryl-williams/ 8/11/14 Patrick McDade como Mr. Maxwell, pai de Tiffany e Veronica Brea Bee cmo Nikki, a exmuller de Pat Chris Tucker como Danny McDaniels, amigo de Pat Anupam Kher como Dr. Cliff Patel, doutor e amigo de Pat Dash Mihok como Oficial Keogh Matthew Russell como Ricky D'Angelo Paul Herman como Randy Patsy Meck como Nancy
Galardóns e nomeamentos 2012: Oscar: mellor actriz (Jennifer Lawrence). 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2012: Globos de Ouro: Mellor actriz comedia/musical (Lawrence). 4 nomeamentos. 2012: 4 Critics Choice Awards: Mellor comedia, actor, actriz de comedia e elenco. 10 nomeamentos. 2012: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. 3 nomeamentos. 2012: Festival de Toronto: Mellor filme (premio do público). 2012: Independent Spirit Awards: Mellor filme, director, guión e actriz. 2012: Premios Gotham: Nomeado a mellor elenco. 2012: Satellite Awards: 5 premios, incluíndo mellor filme e director. 7 nomeamentos. 2012: National Board of Review (NBR): Top 10, mellor actor (Cooper) e guión orixinal. 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz (Jennifer Lawrence). 2012: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano. 2012: Hollywood Film Festival: Director, actor (Cooper) e actor secundario (De Niro) do ano. 2012: Asociación de Críticos de Chicago. 2 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David O. Russell Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes sobre xogos de aposta Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre a viuvez Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes ambientados en 2008