O Tour de Francia 2014 foi a 101ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo na cidade inglesa de Leeds e rematou o 27 de xullo en París. Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).
A carreira presentou as ausencias salientables de Nairo Quintana que viña de gañar o Giro de Italia, e Bradley Wiggins que estaba a preparar a Vuelta a España. Ningún ciclista galego participou nesta edición. Os principais favoritos eran Chris Froome e Alberto Contador, que viñan de gañar a meirande parte das carreiras anteriores nas que competiran. Tamén salientables eran as presenzas de Vincenzo Nibali e Alejandro Valverde na carreira, así como as de Joaquim Rodríguez e Andy Schleck que non chegaban cunha boa preparación. Non obstante, as caídas dos dous grandes favoritos (Froome e Contador) na primeira semana de carreira supuxo o seu abandono e que a disputa pola clasificación xeral quedase en mans doutros corredores.
A vitoria final foi para o italiano Vincenzo Nibali que aproveitou a súa ocasión dominando a clasificación xeral con moita vantaxe, gañando 4 etapas, e vestindo o Maillot jaune (amarelo) en 18 das 21 etapas do Tour. Esta vitoria supuxo que Nibali entrase nun pequeno grupo de corredores que ó longo da historia gañaron a tres grandes voltas (Giro de Italia, Tour de Francia e Vuelta a España), composto por Jacques Anquetil, Felice Gimondi, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Alberto Contador. O resto das clasificacións foron gañadas por: Maillot vert (verde) da clasificación por puntos: Foi para o eslovaco Peter Sagan, que dominou esta clasificación durante toda a carreira malia non gañar ningunha etapa. Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) da clasificación da montaña: Foi para o polaco Rafal Majka, seguido de preto polo líder da clasificación xeral Vincenzo Nibali, que chegou a liderar esta clasificación nunha das etapas dos Pireneos. Maillot blanc (branco) da clasificación dos xoves: Foi para o francés Thibaut Pinot, terceiro da clasificación xeral, despois de que o tamén francés Romain Bardet o levase posto durante a primeira metade da carreira. Clasificación por equipos: Venceu o equipo francés AG2R La Mondiale. Premio da combatividade: Foi para Alessandro de Marchi pola súa frecuente presenza en escapadas. O alemán Marcel Kittel tamén tivo unha actuación moi salientable acadando catro triunfos parciais en chegadas ao sprint, unha delas en París, e sendo o primeiro líder da carreira.
Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 5 de xullo Leeds- Harrogate 191 Marcel Kittel Marcel Kittel 2.ª 6 de xullo York- Sheffield 16px|Etapa de media montaña 201 Vincenzo Nibali Vincenzo Nibali 3.ª 7 de xullo Cambridge- Londres 155 Marcel Kittel Vincenzo Nibali 4.ª 8 de xullo Le Touquet-Paris-Plage-Villeneuve-d'Ascq 164 Marcel Kittel Vincenzo Nibali 5.ª 9 de xullo Ypres-Arenberg Porte du Hainaut 152,5 Lars Boom Vincenzo Nibali 6.ª 10 de xullo Arrás-Reims 194 André Greipel Vincenzo Nibali 7.ª 11 de xullo Épernay-Nancy 233 Matteo Trentin Vincenzo Nibali 8.ª 12 de xullo Tomblaine-Gérardmer La Mauselaine 16px|Etapa de media montaña 161 Blel Kadri Vincenzo Nibali 9.ª 13 de xullo Gérardmer-Mulhouse 16px|Etapa de media montaña 166 Tony Martin Tony Gallopin 10.ª 14 de xullo Mulhouse-Planche des Belles Filles 16px|Etapa de montaña 161 Vincenzo Nibali Vincenzo Nibali 11.ª 16 de xullo Besanzón-Oyonnax 16px|Etapa de media montaña 186 Tony Gallopin Vincenzo Nibali 12.ª 17 de xullo Bourg-en-Bresse-Saint-Étienne 183 Alexander Kristoff Vincenzo Nibali 13.ª 18 de xullo Saint-Étienne-Chamrousse 16px|Etapa de montaña 200 Vincenzo Nibali Vincenzo Nibali 14.ª 19 de xullo Grenoble-Risoul 16px|Etapa de montaña 177 Rafal Majka Vincenzo Nibali 15.ª 20 de xullo Tallard-Nimes 222 Alexander Kristoff Vincenzo Nibali 16.ª 22 de xullo Carcasona-Bagnères-de-Luchon 16px|Etapa de media montaña237 Michael Rogers Vincenzo Nibali 17.ª 23 de xullo Saint-Gaudens-Saint-Lary-Soulan 16px|Etapa de montaña 125 Rafal Majka Vincenzo Nibali 18.ª 24 de xullo Pau-Hautacam 16px|Etapa de montaña 145 Vincenzo Nibali Vincenzo Nibali 19.ª 25 de xullo Maubourguet Pays du Val d’Adour-Bergerac 208 Ramunas Navardauskas Vincenzo Nibali 20.ª 26 de xullo Bergerac-Périgueux 16px|Contra o reloxo individual 54 (CRI) Tony Martin Vincenzo Nibali 21.ª 27 de xullo Évry-París 136 Marcel Kittel Vincenzo Nibali Total 3.663 Vincenzo Nibali
Clasificación xeral A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral trala última etapa do Tour 2014: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Vincenzo Nibali || Astana Pro Team || align=right| 89h 59' 06"2.º Jean-Christophe Péraud Ag2r La Mondiale + 07' 37"3.º Thibaut Pinot FDJ.fr + 08' 15"4.º Alejandro Valverde Movistar Team + 09' 40"5.º Tejay van Garderen BMC Racing Team + 11' 24"6.º Romain Bardet Ag2r La Mondiale + 11' 26"7.º Leopold Konig Team NetApp-Endura + 14' 32"8.º Haimar Zubeldia Trek Factory Racing + 17' 57"9.º Laurens ten Dam Belkin-Pro Cycling + 18' 11"10.º Bauke Mollema Belkin-Pro Cycling + 21' 15"
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Tour de Francia Clasificacións do Tour de Francia, en Marca
Categoría:Ciclismo en 2014 Categoría:Tour de Francia