O Tour de Francia 2013 foi a 100ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 29 de xuño na cidade corsa de Porto-Vecchio e rematou o 21 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 22, 19 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 3 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables do vixente gañador Bradley Wiggins, e Vincenzo Nibali que viña de gañar no Giro de Italia. Ningún ciclista galego participou nesta edición.

Entre os principais favoritos estaban Alberto Contador e Cadel Evans, gañadores de edicións anteriores, e Chris Froome segundo na anterior edición. Tamén participaban importantes corredores como Andy Schleck, Alejandro Valverde e Joaquim Rodríguez. O británico Chris Froome acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando na montaña e na contra o reloxo. Segundo foi Nairo Quintana e terceiro Joaquim Rodríguez.

Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 29 de xuño Porto Vecchio-Bastia 213 Marcel Kittel Marcel Kittel 2.ª 30 de xuño Bastia-Ajaccio 16px|Etapa de media montaña 156 Jan Bakelants Jan Bakelants 3.ª 1 de xullo Ajaccio-Calvi 16px|Etapa de media montaña 145,5 Simon Gerrans Jan Bakelants 4.ª 2 de xullo Niza-Niza 16px|Contra o reloxo por equipos 25 (CRE) Orica GreenEDGE Simon Gerrans 5.ª 3 de xullo Cagnes-sur-Mer-Marsella 228,5 Mark Cavendish Simon Gerrans 6.ª 4 de xullo Aix-en-Provence-Montpellier 176,5 André Greipel Daryl Impey 7.ª 5 de xullo Montpellier-Albi 205,5 Peter Sagan Daryl Impey 8.ª 6 de xullo Castres-Ax 3 Domaines 16px|Etapa de montaña 195 Chris Froome Chris Froome 9.ª 7 de xullo Saint Girons-Bagnères-de-Bigorre 16px|Etapa de montaña 168,5 Daniel Martin Chris Froome 10.ª 9 de xullo Saint-Gildas-des-Bois-Saint-Malo 197 Marcel Kittel Chris Froome 11.ª 10 de xullo Avranches-Mont-Saint-Michel 16px|Contra o reloxo individual 33 (CRI) Tony Martin Chris Froome 12.ª 11 de xullo Fougères-Tours 218 Marcel Kittel Chris Froome 13.ª 12 de xullo Tours-Saint-Amand-Montrond 173 Mark Cavendish Chris Froome 14.ª 13 de xullo Saint-Pourçain-sur-Sioule-Lión 191 Matteo Trentin Chris Froome 15.ª 14 de xullo Givors-Mont Ventoux 16px|Etapa de montaña 242,5 Chris Froome Chris Froome 16.ª 16 de xullo Vaison-la-Romaine-Gap 16px|Etapa de media montaña 168 Rui Costa Chris Froome 17.ª 17 de xullo Embrun-Chorges 16px|Contra o reloxo individual 16px|Etapa de media montaña 32 (CRI) Chris Froome Chris Froome 18.ª 18 de xullo Gap-Alpe d'Huez 16px|Etapa de montaña 172,5 Christophe Riblon Chris Froome 19.ª 19 de xullo Le Bourg d'Oisans-Le Grand Bornand 16px|Etapa de montaña 204,5 Rui Costa Chris Froome 20.ª 20 de xullo Annecy-Annecy 16px|Etapa de montaña 125 Nairo Quintana Chris Froome 21.ª 21 de xullo Versalles-París 133,5 Marcel Kittel Chris Froome Total 3.403 Chris Froome

Clasificación xeral right|miniatura|300px|Chris Froome. A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2013: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Chris Froome Sky Procycling 83h 56' 40" 2 Nairo Quintana Movistar Team + 4' 20" 3 Joaquim Rodríguez Katusha + 5' 04" 4 Alberto Contador Team Saxo-Tinkoff + 6' 27" 5 Roman Kreuziger Team Saxo-Tinkoff + 7' 27" 6 Bauke Mollema Belkin Pro Cycling Team + 11' 42" 7 Jakob Fuglsang Astana Pro Team + 12' 17" 8 Alejandro Valverde Movistar Team + 15' 26" 9 Dani Navarro Cofidis + 15' 52" 10 Andrew Talansky Garmin Sharp + 17' 39" Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Tour de Francia Clasificacións do Tour de Francia, en Marca

Categoría:Ciclismo en 2013 Categoría:Tour de Francia