dereita|miniatura|Pintura do Rei Artur por Charles Ernest Butler. Artur é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común en linguas como o estoniano e o escocés, linguas romances como o portugués, o aragonés,EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. o catalán e o romanés, eslavas como o checo e o croata, e xermánicas como o alemán ou o sueco. De orixe celta, o seu significado é "Gardián da osa", referíndose á constelación, malia poder tamén ser interpretado noutras ocasións coma "oso forte" ou "oso nobre". O Rei Artur é un personaxe moi soado da literatura europea, especialmente na inglesa, mais popular tamén na galega pola influencia céltica; e que tamén pode ser atopado na literatura latina; onde aparece coma o monarca ideal, tanto na guerra como na paz, polos seus valores como estratego da armada inglesa. Conta coa variante galega Artús.
En xaneiro de 2023 existían 137 varóns en Galicia co nome Artur, cunha media de idade de 29 anos.Nome Artur na Web do Intituto Galego de Estatística
Orixe A orixe do nome de Artur segue a ser motivo de debate. Algúns suxiren que deriva dos segundos nomes que empregaban os romanos (Artörius), de etimoloxía escura e controvertidaMalone 1925 (mais posibelmente dos mesapiosMarcela Chelotti, Morizio Vincenza, Marina Silvestrini, Le epigrafi romane di Canosa, Volume 1, Edipuglia srl, 1990, páx. 261, 264.Ciro Santoro, "Per la nuova iscrizione Messapica di Oria", La Zagaglia, A. VII, n. 27, 1965, p. 271-293.Ciro Santoro, La Nuova Epigrafe Messapica "IM 4. 16, I-III", ed Nomi di Ostuni en el arte, Ricerche e Studi, Tomo 12, 1979, p. 45-60 ou de orixe etruscaWilhelm Schulze, Zur Geschichte lateinischer Eigennamen (Volume 5, Número 2 de Abhandlungen Gesellschaft der der Wissenschaften zu Göttingen, Historische-Klasse Philologisch, Gesellschaft der Wissenschaften Göttingen Philologisch Historische-Klasse), 2 ª edición, Weidmann, 1966, p. 72, pp 333-338Olli Salomies: Die Vornamen römischen. Studien zur römischen Namengebung. Helsinki, 1987, p. 68Herbig, Gustavo. "Falisca", Glotta, Banda II, Göttingen, 1910, p. 98).
Algúns eruditos teñen suxestionado que é relevante para este debate entender que o nome do lendario Rei Artur aparece unicamente coma Arthur, ou Arturus nos textos en latín antigo e nunca como Artörius (aínda que dialectos de latín vulgar converteron Artörius en Arturius). Porén, isto non pode explicar res sobre a orixe do nome Arthur, proveniente de Artörius. En galés, frecuentemente ao mencionar Artörius convértese en Art(h)ur.Koch, 1996 , p. 253 Outra teoría di que o nome deriva do patronímico bretón «Arto-rīg-ios» que significa fillo do «Rei Oso» e que se atopa no nome persoal do antigo irlandés Art-ri e que pode ser unha adaptación latinizada de Artōrius.Zimmer, Stefan, "El nombre de Arthur - Una Nueva Etimología", Revista de Lingüística Celta, Volume 13, Número 1, marzo de 2009, da Universidade da Prensa do País de Gales, pp 131-136. Menos probábel é a proposta de derivación común do galés Arth «oso» + (g) wr «home» (antes en bretón Arto-uiros). Hai dificultades fonolóxicas con esta teoría, especialmente cando se relaciona con nomes bretóns compostos. Arto-uiros debe provir do antigo galés e Artgur do galés medio e moderno e non Arthur; Arthwr e non Arthur (na poesía galesa o nome sempre se escribe Arthur e rima exclusivamente con verbas rematadas en ur e nunca con verbas rematadas en wr o que confirma que o segundo elemento non pode ser [g]wr «home»).Ver Higham 2002 , p. 74.Ver Higham 2002 , p. 80.
Unha última teoría, que só conseguiu unha aceptación limitada entre os eruditos,Bromwich, Rachel, Trioedd Ynys Prydein: las tríadas de Gales, la Universidad de Gales Press, 1978, p. 544Zimmer, Stefan, Die keltischen Artussage der Wurzeln: vollständigen einer MIT Übersetzung der ältesten Artuserzählung Culhwch und Olwen, Invierno, 2006, p. 37Walter, Philippe, Faccia M. (trad.), Artù. L'Orso e il re, Edizioni Arkeios, 2005, p. 74.Johnson, Flint, las fuentes británicas de la abducción y los romances del Grial, University Press of America, 2002, pp 38-39.Salas, Kerchever Edmund, Arturo de Bretaña, Historiale Speculum, 1964, p. 170 deriva o nome de Artur do latín Arcturus, a estrela máis brillante na constelación de Boötes, achegada á Osa Maior,arcturus , Charlton T. Lewis, Charles corto, Un diccionario de latín, de Perseo que é a romanización do grego Αρκτοῦρος (Arktouros) e significa «gardián da osa»,Αρκτοῦρος , Henry George Liddell, Robert Scott, un Léxico Griego-Inglés, en Perseo composta así: ἄρκτος (Arktos): «oso»ρκτος , Henry George Liddell, Robert Scott, un Léxico Griego-Inglés, en Perseo + οὖρος (Ouros): «vixilante ou gardián».οὖρος , Henry George Liddell, Robert Scott, un Léxico Griego-Inglés, en Perseo Do latín clásico Arcturus podería terse convertido en Art(h)ur que sucede cando se menciona en galés, e por mor do seu brillo e da súa posición no ceo levou á xente a ver esta estrela coma o «gardián da osa» e o «líder» das outras estrelas de Boötes.Anderson, 2004 , pp 28-29; Verde 2007b , pp 191-4. Existe un nome en lingua irlandesa antiga que é Artúr, que se cre deriva directamente do dialecto galés antigo ou cúmbrico Artur.Jaski, Bart, los primeros ejemplos de Irlanda del nombre de Arthur, la banda ZCP 56, 2004. A historia presenta este nome no fillo ou neto de Áedán mac Gabráin (ano 609 d.C.).
Santoral 1 de setembro: Santo Artur, presbítero e mártir.
O nome en Galicia A variante galega do nome é pouco común hoxe en Galicia, as máis das veces sendo substituída pola variante castelá: Arturo. 112 varóns levan o nome de Artur en Galicia. En Cataluña, onde o nome coincide con galego a frecuencia é moito maior. Con todo a variante castelá conta en Galicia con 3032 varón, sendo a zona peninsular de maior frecuencia.Instituto Nacional de Estadística
Variantes noutras linguas Lingua alemá Arthur Lingua aragonesa Artur, Arturo Lingua armenia Արթուր (Artur) Lingua asturiana Arturu Lingua bretoa Arzhur Lingua búlgara Артур (Artur) Lingua catalá Artur o Artus Lingua checa Artur Lingua croata Artur Lingua dinamarquesa Arthur Lingua eslovaca Artúr Lingua eslovena Artur Lingua española Arturo Esperanto Arturo Lingua estoniana Artur Lingua éuscara Artur Lingua finesa Arttu, Artturi Lingua francesa Arthür Lingua galesa Arthur Lingua galega Artur Lingua grega Αρθούρος (Arthoúros) Lingua hebraica ארתור (Arthur) Lingua neerlandesa Arthur Lingua húngara Artúr Lingua inglesa Arthur Lingua irlandesa Artúr Lingua islandesa Arthur, Artúr Lingua italiana Arturo Lingua latina Arthurus Lingua letoa Artūrs Lingua lituana Artūras Lingua norueguesa Artur Lingua polonesa Artur Lingua portuguesa Arthur, Artur Lingua romanesa Arthur, Artur Lingua rusa Артур (Artur) Lingua serbia Артур (Artur) Lingua sueca Artur Lingua xeorxiana ართური (Artur)
Personaxes célebres Reis + Monarcas e membros de casas reais Bretaña Artur I, Duque da Bretaña (1201-1203). Artur II, Duque da Bretaña (1305-1312). Artur III, Duque da Bretaña (1457-1458).
Outras personalidades Artur Mas. Chester Alan Arthur. Arthur C. Clarke. Arthur Miller. Arthur Conan Doyle. Arthur Rimbaud. Arthur Schopenhauer. Carles-Artur Soler. Arturo Pérez-Reverte. Arturo Prat Chacón. Arthur Guinness (Sir). Arturo Fernández. Arturo Cavero. Arturo Prat. Arturo Alessandri Palma. Arthur Koestler. Arturo Arredondo. Arturo López. Arturo Ríos. Arturo Dávalos Tovar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
. . .
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Materia de Bretaña Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe celta Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos alemáns Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos cataláns Categoría:Nomes masculinos checos Categoría:Nomes masculinos croatas Categoría:Nomes masculinos escoceses Categoría:Nomes masculinos eslovenos Categoría:Nomes masculinos estonianos Categoría:Nomes masculinos noruegueses Categoría:Nomes masculinos polacos Categoría:Nomes masculinos portugueses Categoría:Nomes masculinos romaneses Categoría:Nomes masculinos suecos Categoría:Nomes masculinos vascos