Don Richard DeLillo, nado en Nova York o 20 de novembro de 1936 é un escritor estadounidense, coñecido polas súas novelas que retratan a vida do seu país a finais do século XX e principios do XXI. É considerado pola crítica especializada unha das figuras centrais do posmodernismo literario.
Traxectoria Fillo dunha familia de inmigrantes italianos, DeLillo naceu no barrio do Bronx. A súa casa estaba habitada por once persoas e, como el mesmo lembra, pasaba "todo o tiempo na rúa"; conta tamén que a súa avoa, que viviu cincuenta anos nos Estados Unidos, nunca aprendeu o inglés.
Estudos na Universidade de Fordham, no Bronx, onde se graduou en 1958. Comezou a escribir nun traballo como garda de aparcadoiro e as súas referencias literarias iniciais foron James Joyce, William Faulkner, Ernest Hemingway e Flannery O'Connor.
DeLillo traballou cinco anos na axencia literaria Ogilvy & Mather. Publicou o seu primeiro relato en 1960, "The River Jordan", en Epoch, a revista literaria da Universidade Cornell. Empezou a escribir Americana, a súa primeira novela en 1966 e publicouna en 1971. Catro anos despois contraeu matrimonio con Barbara Bennett. Durante a década de 1970 viviu algúns anos en Grecia, onde escribiu The Names.
O recoñecemento como escritor chegoulle coa novela White Noise, publicada en 1985. A esta seguírona, entre outras, Libra (1988), Mao II (1991) e Underworld (1997). Despois de publicar esa novela produciuse un cambio sutil nas obras de DeLillo, que se volveron "máis breves e meditativas”, con “pontes que entroncaban coas artes visuais.
Cosmopolis (2003) foi considerada “unha incisiva exploración dos danos morais post-11-S” e “converteuse nun texto profético que illou as correntes subterráneas que nos levaron ao presente colapso do sistema”. David Cronenberg adaptaouna ao cinema en 2012.
En 2010 apareceu Point Omega, na que aborda o problema da guerra en Iraq e no ano seguinte saíu o seu primeiro libro de contos, The Angel Esmeralda, unha selección de nove relatos da vintena que publicou ao longo da súa vida.
Obra Novelas Americana (1971) End Zone (1972) Great Jones Street (1973) Ratner's Star (1976) Players (1977) Running Dog (1978) Amazons (1980) The Names (1982) White Noise (1985) Libra (1988) Mao II (1991) Underworld (1997) The Body Artist (2001) Cosmopolis (2003) Falling Man (2007) Point Omega (2010)
Coleccións de contos The Angel Esmeralda (2011)
Relatos breves The River Jordan (1960) Take the "A" Train (1962) Spaghetti and Meatballs (1965) Coming Sun.Mon.Tues.(1966) Baghdad Towers West (1967) The Uniforms (1970) In the Men's Room of the Sixteenth Century (1971) Total Lost Weekend (1972) Creation (1979) The Sightings (1979) Human Moments in World War III (1983) The Ivory Acrobat (1988) The Runner (1988) Pafko at the Wall (1992) The Angel Esmeralda (1995) Baader-Meinhof(2002) Still Life (2007) Midnight in Dostoevsky (2009) The Border of Fallen Bodies (2009) Hammer and Sickle (2010)
Obras teatrais The Engineer of Moonlight (1979) The Day Room (1986) Valparaiso (1999) Love-Lies-Bleeding (2005) The Word for Snow (2007)
Guións Game 6 (2005)
Ensaios "American Blood: A Journey through the Labyrinth of Dallas and JFK" (1983) "Salman Rushdie Defense" (1994) (Coescrito con Paul Auster) "The Artist Naked in a Cage" (1997) "The Power of History" (1997) "A History of the Writer Alone in a Room" (1999) "In the Ruins of the Future" (2001)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1936