O Cadagua (en éuscaro: Kadagua) é un río do norte da Península Ibérica, que discorre polas provincias de Burgos e Biscaia.
Nace na provincia de Burgos, na Serra Magdalena, concretamente en Peña Mayor. Posteriormente descende cara Valle de Mena. Entra en Biscaia e irriga a comarca de Enkarterri, atravesando Balmaseda, Zalla, Güeñes e Alonsotegi. Desemboca na Ría de Bilbao, que é a unión dos ríos Ibaizabal e Nervión, na fronteira entre Bilbao (barrio de Castrejana e Zorrotza) e Barakaldo (barrios de Zubileta, Burceña e Luchana).
Afluentes Os seus principais afluentes son: Río Ordunte Río Herrerías Río Llanteno-Ibalzibar Río Arceniega Río Artxola
Véxase tamén Ría de Bilbao.
Categoría:Ríos cantábricos Cadagua Cadagua Categoría:Barakaldo Categoría:Bilbao