O Programa Kallikratis, Plan Calícrates ou Programa Calícrates (en grego Πρόγραμμα Καλλικράτης, Prógramma Kallikrátis), cuxo nome completo é Nova arquitectura das Autonomías e da Administración Descentralizada - Programa Kallíkratis (en grego Νέα Αρχιτεκτονική της Αυτοδιοίκησης και της Αποκεντρωμένης Διοίκησης - Πρόγραμμα Καλλικράτης, Nea Arkhitektonikí tis Aftodioíkisis kai tis Apokendroménis Dioíkisis - Prógramma Kallikrátis), é unha lei grega que reformou a división administrativa de Grecia no ano 2010. Ademais, concretou os límites das unidades autónomas, como o procedemento de elección dos distintos órganos e as competencias destes.
O plan votouse no Parlamento grego en maio de 2010 e parte del foi publicado no Boletín do Estado do 7 de xullo de 2010 para que puidese aplicarse ás eleccións autonómicas gregas do ano 2010. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010. Tanto a elaboración da lei como tamén ao entrar en vigor provocaron reaccións violentas e manifestacións en toda Grecia, e ata unha folga de fame. Entre os principais motivos destas reaccións están as fusións e os recortes en certos servizos sociais, como en centros educativos e de saúde.
Disposicións principais O plan Kallikratis é en certo modo a continuación do plan Capodistrias» (Lei 2539/97), xa que foron presentados polo mesmo partido (PASOK) e se rexen polo mesmo principio de fusión obrigatoria dos pequenos Concellos noutros maiores. Os aspectos chave do programa son: Redución do número de concellos, así como dos seus representantes políticos e os seus correspondentes funcionarios a medio terzo da súa representación. Substitución das cincuenta e sete prefecturas polas trece periferias. División administrativa de segunda orde, establecendo administracións descentralizadas. Cambio das formas de financiamento local e reasignamento dunha serie de responsabilidades de cada grao administrativo. De acordo co que dixo Giánnis Rangúskis, ministro de Interior de Grecia no momento de aprobar o plan, o criterio foi que non houbese ningún concello menor de 25.000 habitantes na zona metropolitana de Atenas, nin de 10.000 habitantes no resto do país, agás as zonas máis montañosas, nas que o límite se estableceu en 2.000 habitantes. Nas illas utilizouse a lóxica de "unha cidade por illa", coas excepcións de Creta e Eubea.
Situación previaPlan KallikratisConcellosDivisión administrativa básica. En total 940 concellos e 124 comunidades. A maioría proviñan de fusións realizadas en 1997 a raíz do plan Capodistrias, e estes subdividíanse en divisións municipais, correspondentes con estes antigos concellos.División administrativa básica. Reduciuse a 325 concellos mediante fusións voluntarias ou ben forzadas. Estas divídense en unidades municipais, correspondentes basicamente aos antigos concellos e en comunidades, que se corresponde coas antigas divisións municipais.PrefecturasDivisións administrativas de segunda orde. En total existían cincuenta e sete prefecturas, catro delas como unha subdivisión da anterior prefectura de Ática.Agora denominadas unidades periféricas. Son setenta e catro en total, e proveñen da división dalgunhas das prefecturas, mentres que outras permaneceron idénticas.PeriferiasTrece en total. Responsables da coordinación das autoridades locais, a legalidade das súas accións e a implementación das políticas gobernamentais a nivel rexional.Mantendo os seus límites xeográficos, pero constituíndo agora a división administrativa de segunda orde. Fórmanse a partir dun grupo de unidades periféricas.Administracións descentralizadasNon existían.Sete en total. O seu presidente (secretario xeral) é escollido polo Goberno. Toman en gran medida as antigas funcións das periferas.
Divisións Administracións descentralizadas O programa Kallikratis introduce as "administracións descentralizadas", que substitúen as trece periferias do programa Capodistrias. A estas pasaránselle as competencias das periferias que, segundo a Constitución de Grecia, teñen que estar baixo control do Estado central. O xefe da Administración terá o título de secretario xeral e será escollido polo Goberno central.
Fixéronse sete administracións descentralizadas: left|250px|Administraciones.
Periferias O programa Kallikratis mantén as mesmas trece periferias que o programa anterior, que son: left|320px|Periferias, unidades periféricas e municipios.
A elección do presidente da periferia realízase de maneira directa a través das eleccións municipais e periféricas e, en certa maneira, as periferias pasan a ter as mesmas competencias ca as antigas prefecturas.
Unidades periféricas
As setenta e catro unidades periféricas susbtitúen as antigas prefecturas. Algunhas corresponden exactamente a estas , pero outras fórmanse a partir da división dunha antiga prefectura.
Periferia Unidade periférica Prefectura coa que se corresponde Ática Atenas Setentrional Atenas (parte) Ática Atenas Occidental Atenas (parte) Ática Atenas Central Atenas (parte) Ática Atenas Meridional Atenas (parte) Ática Ática Oriental Ática Oriental Ática O Pireo O Pireo (parte) Ática Illas O Pireo (parte) Ática Ática Occidental Ática Occidental Grecia Central Beocia Beocia Grecia Central Eubea Eubea Grecia Central Euritania Euritania Grecia Central Fócida Fócida Grecia Central Ftiótide Ftiótide Macedonia Central Emacia Emacia Macedonia Central Tesalónica Tesalónica Macedonia Central Kilkís Kilkís Macedonia Central Pella Pella Macedonia Central Piería Piería Macedonia Central Serres Serres Macedonia Central Calcídica Calcídica Creta A Canea A Canea Creta Heraklion Heraklion Creta Lasithi Lasithi Creta Rétino Rétino Macedonia Oriental e Tracia Drama Drama Macedonia Oriental e Tracia Evros Evros Macedonia Oriental e Tracia Tasos Kavala (parte) Macedonia Oriental e Tracia Kavala Kavala (parte) Macedonia Oriental e Tracia Xánthi Xánthi Macedonia Oriental e Tracia Ródope Ródope Epiro Arta Arta Epiro Ioánina Ioánina Epiro Préveza Préveza Epiro Tesprotia Tesprotia Illas Xónicas Corfú Corfú Illas Xónicas Ítaca Cefalonia (parte) Illas Xónicas Cefalonia Cefalonia (parte) Illas Xónicas Léucade Léucade Illas Xónicas Zante Zante Exeo Setentrional Quíos Quíos Exeo Setentrional Icaria Samos (parte) Exeo Setentrional Lemnos Lesbos (parte) Exeo Setentrional Lesbos Lesbos (parte) Exeo Setentrional Samos Samos (parte) Peloponeso Arcadia Arcadia Peloponeso Argólida Argólida Peloponeso Corintia Corintia Peloponeso Laconia Laconia Peloponeso Mesenia Mesenia Exeo Meridional Andros Cícladas (parte) Exeo Meridional Kálimnos Dodecaneso (parte) Exeo Meridional Kárpatos Dodecaneso (parte) Exeo Meridional Ceos-Citnos Cícladas (parte) Exeo Meridional Cos Dodecaneso (parte) Exeo Meridional Milos Cícladas (parte) Exeo Meridional Míkonos Cícladas (parte) Exeo Meridional Naxos Cícladas (parte) Exeo Meridional Paros Cícladas (parte) Exeo Meridional Rodas Dodecaneso (parte) Exeo Meridional Siros Cícladas (parte) Exeo Meridional Santorini Cícladas (parte) Exeo Meridional Tinos Cícladas (parte) Tesalia Karditsa Karditsa Tesalia Larisa Larisa Tesalia Magnesia Magnesia (parte) Tesalia Espóradas Magnesia (parte) Tesalia Tríkala Tríkala Grecia Occidental Acaia Acaia Grecia Occidental Etolia-Acarnania Etolia-Acarnania Grecia Occidental Élide Élide Macedonia Occidental Flórina Flórina Macedonia Occidental Grevená Grevená Macedonia Occidental Kastoriá Kastoriá Macedonia Occidental Kozani Kozani
Concellos Os 910 concellos e as 124 comunidades do plan Capodistrias simplifícanse en 325 concellos, fusionando aqueles de menor tamaño cos de maior tamaño. Os concellos divídense en unidades municipais, que se corresponden cos antigos concellos, e estas á súa vez divídense en comunidades, que sen corresponden coas antigas divisións municipais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Texto completo da lei - Boletín Oficial de Grecia (en grego) FEK Α138 do 09/08/2010 (en grego) FΕΚ Α138 do 16/06/2011 (en giego)
Categoría:Grecia