A Cruz de Peñalba é unha cruz votiva regalada, no século X, polo rei leonés Ramiro II a San Xenadio, abade do desaparecido mosteiro de Santiago de Peñalba en agradecemento polo auxilio recibido do Apóstolo Santiago na batalla de Simancas (ano 939) contra Abd al-Rahman III. Do devandito mosteiro, fundado polo bispo Salomón no ano 937 no val do Oza, centro da Tebaida berciana e non moi afastado do Camiño de Santiago, só se conserva a igrexa mozárabe de Santiago de Peñalba, situada na aldea de Peñalba de Santiago, pertencente ao concello de Ponferrada, na bisbarra do Bierzo. miniatura|Cruz de Peñalba. Descrición e simboloxía É unha peza de ourivaría mozárabe con forma de cruz grega, equilátera (49 x 49 cm x 0,4 cm de grosor), realizada nun material non nobre: latón. Os chatóns de pedraría que a adornan, trinta en total, son de pouco valor e non teñen carácter simbólico. Foron engadidos posteriormente, ao igual que as letras alpha e omega que colgan dos brazos horizontais; se ben estas puideron complementala inicialmente e remitir á Apocalipse de san Xoán cuxo comentario iluminado, que tan ampla difusión tivo nesa época, os coñecidos Beatos, reproducen a imaxe deste tipo de cruz en nove dos exemplares conservados.
Os brazos de láminas de latón insírense nun disco central composto de dúas chapas cravexadas. O anverso órlase dunha fita cicelada a base de talos ondulados, arredor dos seus brazos, só interrompida no extremo inferior: A monarquía asturleonesa recupera sen complexos o aparato asociado ao poder real e imperial desenvolvido polos reis visigodos, de marcada influencia bizantina. Isto pode facernos supoñer que foi concibida, dada a súa simplicidade orixinal, para uso procesional e como insignia real e emblema de batalla máis que eclesiástico; ao modo do vexilo cruciforme bizantino. Aínda que tamén o seu uso como exvoto colgante deriva destas dúas fontes. Non é moi diferente polo tanto doutras cruces da época como a Cruz dos Anxos, custodiada na Cámara Santa de Oviedo. A Cruz de Peñalba é considerada a máis antiga peza do culto a Santiago da arte mozárabe; culto e padroado, este, que os reis asturleoneses fomentaron, asociándoo á dignidade real e ao éxito militar das súas campañas contra o califato de Córdoba.
No anverso da cruz, repartido entre os catro brazos, está burilado con grafía mozárabe o lema:
Doazón ao museo de León A Cruz de Peñalba foi doada en 1879 por Mariano Brezmes y Arredondo, bispo de Astorga (1875-1885), ao Museo de León, feito que seguramente evitou o espolio ou desaparición. O Cáliz e Patena de Santiago de Peñalba,Cáliz e patena do Abade san Pelayo/Museo do Louvre contemporáneos, foron levados a Astorga e acabaron vendidos a un anticuario polos familiares dun arcebispo de Valladolid, no Museo do Louvre, en 1886. A desaparecida Cruz de Santiago de Compostela, doada por Afonso III en 874, foi roubada da catedral en 1906; por citar só dous exemplos relacionados. O erudito Ramón Álvarez de la Braña,Cronista Oficial de León, escritor e arquiveiro do Museo Arqueolóxico de León, menciona esta cesión:
Foi exposta por primeira vez fóra da provincia na Exposición Internacional de Barcelona en 1929.Catálogo da Exposición Internacional de Barcelona/1929 Para posteriores mostras, xa a finais do século XX, realizouse un facsímile que actualmente se exhibe no Museo do Bierzo.
A Cruz de Peñalba como icona do Bierzo A Cruz de Peñalba é reivindicada, hoxe en día, como un dos principais sinais de identidade do Bierzo, figurando no centro do seu escudo e da bandeira. É utilizada como icona da identidade bercianaLa Cruz de Peñalba, Alma do Bierzo en corpo de latón por distintas asociacións, institucións e, mesmo empresas.
Dende distintos grupos políticos e asociacións culturais realizáronse numerosas campañas a prol do seu retorno e en defensa do seu valor como símbolo do territorio berciano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cruz da Vitoria, asturiana
Bibliografía
Categoría:Ponferrada Categoría:Cultura de Castela e León