Edith Margaret Emily Ashcroft, nada en Croydon (Londres) o 22 de decembro de 1907 e finada en Londres o 14 de xuño de 1991 foi unha actriz inglesa, coñecida como Dame Peggy Ashcroft.
Traxectoria Dedicouse ao teatro desde moi nova, destacando no papel de Desdemona en Otelo en 1931 e chegou ao estrelado en 1934 cando interpretou a Xulieta en Romeu e Xulieta, con Laurence Olivier e John Gielgud. Durante toda a súa vida estivo no máis alto do teatro británico.
Pola contra, as súas aparicións no cinema e na televisión foron escasas, pero gañou o Oscar á mellor actriz secundaria entre outros premios por A Passage to India (1984), de David Lean.
Filmografía Ano Filme 1933 The Wandering Jew 1935 The 39 Steps 1941 Quiet Wedding 1959 Historia dunha monxa 1968 Secret Ceremony 1969 Three Into Two Won't Go 1971 Sunday Bloody Sunday 1973 Der Fußgänger 1984 A Passage to India 1986 When the Wind Blows 1988 Madame Sousatzka
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Surrey Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1991