A ronda do Real Club Deportivo da Coruña é o nome co que o Concello da Coruña dá á vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia V-1.4Inauguración desde el arcén de la nueva ronda de A Coruña (V-14 segundo a sinalización viaria do Ministerio de Fomento), popularmente coñecida como Terceira Rolda. A V-1.4 é na práctica unha autoestrada de circunvalación que une a zona de Riazor coa AC-14, construída simultaneamente polo Ministerio de Fomento como parte do proxecto integral da Terceira Rolda.
A Ronda do Real Club Deportivo da Coruña sae da rotonda do Pavo Real, na confluencia da rúa de Manuel Murguía coa rolda de Outeiro, atravesa os lugares de San Pedro de Visma, A Penamoa, o polígono de Agrela-Bens, pasa ao carón do complexo comercial Marineda City e por debaixo do núcleo das Rañas antes de desembocar na AC-14 entre O Martinete e Mesoiro, xunto a Pocomaco.
A AC-14, proveniente da avenida de Enrique Salgado Torres, arrodea o monte de Castro e intérnase no concello de Culleredo pola Zapateira, permitindo a conexión co aeroporto de Alvedro e coa autoestrada A-6.
O tramo de tres quilómetros que une Manuel Murguía co polígono da Agrela foi inaugurado oficialmente o 27 de decembro de 2011, mentres que a súa continuación que conecta coa AC-14 inaugurouse o 14 de marzo de 2015, ao mesmo tempo que se completaban as obras nesta última.La tercera ronda abre a la circulación casi completa 15 años después de ser concebida www.laopinioncoruna.es, 15/03/2015 .
Historia As orixes da actual estrada remóntanse ao 14 de decembro do ano 2000, día no que Xosé Cuíña Crespo e Francisco Vázquez Vázquez asinaron o acordo para iniciar a estrada que viría a solucionar os problemas do tráfico para acceder á cidade. Tres anos máis tarde a Xunta de Galicia presentou o proxecto para o tramo entre Os Rosales e a ligazón coas Rañas. En 2006 asinouse o acordo de inicio das obras e o 10 de novembro dese mesmo ano comezaron os traballosLas obras del tramo autonómico de la tercera ronda están listas al 98% La Opinion A Coruña.
En decembro de 2009 o pleno do Concello aprobara por unanimidade darlle o nome do Deportivo da Coruña a unha rúa da cidade, que era unha petición de vello dos afeccionados.Una calle de La Coruña llevará el nombre del Real Club Deportivo O 8 de agosto de 2012 o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou que a Terceira Rolda sería finalmente a vía que levase ese nomeA Terceira Ronda levará o nome de Real Club Deportivo da Coruña. O 21 de setembro dese ano, o alcalde, acompañado polo presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, inaugurou o novo nome da rolda. Centos de persoas achegáronse para a celebración.
Descrición miniatura|260px|Rotonda do Pavo Real, na Ronda de Outeiro e inicio da Ronda do Deportivo da Coruña. miniatura|256px|Vista dos viadutos da Terceira Rolda da Coruña no polígono de Pocomaco.
A comezos da década de 2000, a ronda de Nelle, primeira circunvalación da Coruña, e a ronda de Outeiro, a segunda circunvalación, quedaran completamente integradas no trazado urbano da cidade. Así mesmo, a avenida de Alfonso Molina comezaba a amosarse saturada como vía exclusiva de entrada á Coruña tanto dende a A-6 (autovía de Madrid) como dende a AP-9 (autoestrada do Atlántico). Por estes motivos, achouse necesaria unha nova estrada, a denominada Terceira Rolda, para servir asemade como circunvalación oeste e como acceso á cidade por Visma.
O 20 de novembro do 2014 foi sometido a información públicaFomento somete a información pública el estudio informativo de la prolongación del acceso al Puerto Exterior de A Coruña Ministerio de Fomento. Consultado o 17 de agosto de 2015 o estudo informativo do que se deu en chamar "Cuarta Rolda"La cuarta ronda permitirá un nuevo acceso entre Arteixo y A Coruña www.lavozdegalicia.es 09/12/2014 . Esta sería unha estrada convencional que prolongaría a autoestrada AC-15 de acceso ao porto exterior da Coruña para conectar coa Terceira Rolda no polígono de Pocomaco tras pasar a carón do polígono de Vío.
A Terceira Rolda foi unha obra inaugurada por tramos. Nalgunhas zonas ten seis carrís, tres en cada sentido. Nunha primeira inauguración parcial a finais do ano 2011 foron os accesos á área comercial Marineda City os que aproveitaron a infraestrutura. Construíuse un viaduto sobre a rotonda que dá acceso á tenda de IKEA na Coruña. Esta rotonda a tres niveis na estrada Baños de Arteixo é un dos accesos á cidade da Coruña dende a autoestrada de Carballo.
O último tramo da Terceira Rolda, o da AC-14, foi inaugurado en marzo de 2015. Daquela o ministerio de Fomento calculaba un tránsito de 10.000 vehículos. En 2016 o tráfico chegou a 26.709 vehículos ao día e en 2017 acadáronse os 29.354 en sentido saída. O aumento do tráfico na Terceira Rolda explícase máis pola suba dos prezos da portaxe na AP-9 que por unha verdadeira desconxestión da Avenida de Alfonso Molina, obxectivo aínda non acadado.
As obras comezaron en 2006 e a suma das lonxitudes de todos os tramos da Terceira Rolda (V-1.4 e AC-14) é de 18,3 quilómetrosAna Pastor ve los trabajos de la Tercera Ronda "viento en popa" N P.G.L. A Coruña, 13 de maio de 2014]. A obra financiárona varias administracións:
A Xunta de Galicia financiou o primeiro treito de 4,1 quilómetros de autovía entre Manuel Murguía-Ronda de Outeiro e As Rañas, e o segundo, dun quilómetro, entre As Rañas e Mesoiro onde se une a V-1.4 coa AC-14 á altura de Pocomaco. Ao Ministerio de Fomento correspondeu o financiamento dos 10 quilómetros entre Louzás e a A-6 pola Zapateira mais o ramal AC-14 AL, de 3 quilómetros que conecta co aeroporto de Alvedro.
Isto quere dicir que a V-1.4 (a Terceira Rolda en sentido estrito) foi financiada pola Xunta, mentres que a AC-14 (conexión da A-6 coa Coruña e co aeroporto) foi financiada polo Ministerio de Fomento.
O custo total da Terceira Rolda supera os 250 millóns de euros, sumando o investimento do Estado e o da Xunta.
Conexións da Ronda do Deportivo da Coruña
Número de Saída Nome de Saída Estrada que liga25px 30px Rotonda do Pavo Real Ronda de Outeiro, Manuel Murguía30px Rotonda de Visma Sen ligazón15px (en sentido A Coruña) Polígono de Agrela-BensRúa Severo OchoaMeicendeRúa Severo Ochoa AC-41515pxPolígono de Agrela-BensAvenida de ArteixoCarballoZona comercial accesos a Marineda CityEstrada Baños de Arteixoaccesos ás Rañas25px Conexión coa autoestrada AC-14 en sentido saída da cidade AC-14
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Autoestradas e autovías de Galicia
Categoría:Autovías urbanas de Galicia Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Rúas da Coruña Categoría:Transporte na Coruña