La Hoja Volante foi un periódico editado na Coruña en 1865.
Historia e características Apareceu o 21 de abril de 1865. Imprimíase nos obradoiros de Ares Hermanos. Foron os seus redactores Romualdo B. Leal, Luis Tettamancy e Joaquín D. Caunedo. Cesou a súa publicación o 14 de xullo dese ano.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1865 en Galicia