El Camelo foi un periódico editado en Xinzo de Limia en 1920.
Historia e características Subtitulado Quincenal-Humorístico-Chirigotero-Chungón, apareceu o 15 de abril de 1920. Periódico quincenal, que se publicaba os días 1 e 15 de cada mes, en clave humorística, estaba dirixido por José Barge Calviño, e os seus redactores eran Luis Seijo Villarino e Antonio Nieto Oliva. O último número conservado é o 2, de 1 de maio de 1920.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Xinzo de Limia Categoría:1920 en Galicia