Eléni Fouréira (en grego: Ελένη Φουρέιρα), nada o 7 de marzo de 1987 en Albania, é unha cantante e deseñadora de moda grega.

Traxectoria Inmigrante ós dez anos cos seus pais ó barrio ateniense de Kallitheia debido ás revoltas en Albania en 1997, Foureira interesouse no mundo da moda antes de comezar a súa carreira coma cantante, posto que dende pequena tiña como influencia a súa nai que traballaba nesa profesión. Porén, dende nova, comezou a tocar a guitarra e estivo tres anos nun grupo teatral. Anteriormente formaba parte dun grupo chamado "Mystique", antes de lanzar a súa carreira en solitario.Biography dende PameBouzoukia.gr, 15 de xuño de 2013.

Na final do Festival de Eurovisión 2010, ficou en segundo lugar con Manos e Giannis Pirovolakis, por detrás de OPA!, por Giorgos Alkaios & Friends.Biography Section dende Blog.EleniFoureira.gr, 15 de xuño de 2013. Ela cantou Wild Dances coa Ruslana na final nacional grega do Festival de Eurovisión 2013 en Grecia. Eléni Fouréira na actualidade reside en Grecia.

No ano 2010 os medios de comunicación gregos descubriron que as súas orixes e a súa nacionalidade, eran albanesas, xa que a raíz da participación no Festival da Canción 2010, solicitaba ás autoridades gregas a cidadanía, non houbo finalmente unha confirmación final ou negación por parte da cantante.

Descubriuse que o seu nome e apelidos orixinais albaneses son "Entela Fureraj" e que as súas orixes en Albania remontan á unha cidade do sueste do país chamada Fier.Attack Against Eleni Foureira

Discografía Eléni Fouréira (2010) - (Ελένη Φουρέιρα, 2010) Ti Poniro Mou Zitas (2012) - (Τι Πονηρό Μου Ζητάς, 2012) Despois de que o grupo se separara, Eléni Fouréira lanzou o seu propio álbum en 2011, cos éxitos de "Mia Nyxta Mono" (One Night Only) e "Chica bomb" con Dan Mihai Bălan. Foi platino en Grecia aos dous meses. O seu segundo álbum lanzado en 2012 foi chamado "Ti Poniro Mou Zitas", como tamén o sinxelo álbum "Reggaeton".

Primeiras aparacións

En maio de 2010, Eleni Foureira cantou a versión grega da canción "Chica Bomb" en colaboración co cantante moldovo Dan Mihai Bălan nos Mad Video Music Awards. En novembro, participou no programa de televisión “Just the 2 of us”, xunto con Panagiotis Petrakis no que gañou.Eleni Foureira wons at the "Just the two of us" www.aggelioforos.gr, 30 de xullo de 2013.

En maio de 2011 a cantante apareceu nos Mad Vídeo Music Awards onde presentou a versión grega da canción "Play with me". Ademais, gañou dous premios como a Mellor Artista Revelación e o mellor Videoclip Sexy do ano.Eleni Foureira Style www.stylemio.com, 30 de xullo de 2013.

En febreiro de 2012, apareceu no segundo festival de moda grega organizado polo canle de televisión musical chamado MAD TV. En dito festival, chamado "MadWalk-The Fashion Music Project", foi onde cantou os temas "Get The Party Started" e "All I need", en colaboración con Claydee.MadWalk 2012 - The duets www.yupiii.gr, 29 de xullo de 2013. En xuño de 2012 participou nos Mad Video Music Awards, onde cantou a canción "Fotiá" con NEVMA. Ela foi nomeada a catro premios, e finalmente, gañou dous premios de Mellor Videoclip Pop e ao Mellor Videoclip Sexy do Ano.The winners of the Mad Video Awards 2012 www.star.gr, 30 de xullo de 2013.

En abril de 2013 apareceu de novo no festival MadWalk onde interpretou a "Toxic" de Britney Spears e “To deserve you” de Betty Middler. Tamén pertence ao equipo "Arouri".Eleni Foureira on MadWalk 2013 www.tlife.gr, 30 de xullo de 2013.

En xuño do mesmo ano, apareceu nos Mad Video Music Awards 2013, onde cantou a súa nova canción "Rantevou stin paralia". Ademais, colaborou co cantante Pantelis Pantelides e Stan. Durante a mesma entrega de premios do festival foi nomeada en catro categorías e, finalmente, gañou o premio Fashion Icon Award polos seus vídeoclips.Eleni Foureira - The new Icon www.greecejoy.com, 30 de xullo de 2013.

Vídeos musicais ano título 2010 Το 'Χω (Pom Pom)2011 Άσε Με Μια Νύχτα Μόνο(Θηρίο e Eleni Foureira)2012 Reggaeton Το Party Δε Σταματά(Μηδενιστής e Eleni Foureira) Στου Έρωτα Την Τρέλα2013 Πιο Έρωτας Πεθαίνεις Sweetest Love2014 Άνεμος Αγάπης Party Sleep Repeat (PSR)

Mad Video Music Awards ano título 2010 Chica Bomb (Mad Awards Edit) (Dan Balan e Eleni Foureira) 2011 Παίξε Μαζί Μου (Fun) (Eleni Foureira con Ciprian Rodu) 2012 Φωτιά - Lunatic Mix (Eleni Foureira con NEBMA)2013 Ραντεβού Στην Παραλία - Conga (Eleni Foureira con Marios Brazil) Δεν Ταιριάζετε Σου Λέω (Παντελής Παντελίδης, Stan e Eleni Foureira)

Aparicións nas canles de televisión gregas 2010 Ελληνικός τελικός Eurovision ΝΕΤ Η Ίδια concursante gañadora en 2ª posición Mad Video Music Awards ALPHA Η Ίδια actuación 2010 - 2011 Just The 2 Of Us MEGA Η Ίδια concursante gañadora en 1ª posición 2011 Mad Video Music Awards ALPHA Η Ίδια actuación2012 MadWalk - The Fashion Music Project ANT1 Η Ίδια actuación Mad Video Music Awards ANT1 Η Ίδια actuación2013 Δέστε Τους ALPHA Η Ίδια convidada especial Eurosong 2013 - A Mad Show ΕΤ1 Η Ίδια convidada especial MadWalk - The Fashion Music Project ANT1 Η Ίδια actuación Mad Video Music Awards ANT1 Η Ίδια actuación 2014 Mad Video Music Awards ANT1 Η Ίδια actuación

Notas

Categoría:Nados en Atenas Categoría:Nados en 1987 Categoría:Representantes de Grecia en Eurovisión