Santa Cruz de Campolongo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 199 habitantes (97 homes e 102 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 279 habitantes.

Xeografía Limita co concello de Outes e co de Mazaricos. Tradicionalmente os habitantes de Campolongo dedícanse á agricultura e a gandería.

Festas A súa patroa é a Santa Cruz, que se honra o 14 de setembro. Tamén se celebra o Carme o primeiro domingo de setembro. Outra festa moi importante é Santa Irene que se honra o día 20 de outubro. Tamén conta cunha celebración moi antiga, a do Corazón de Xesús, que se honra o 3 de maio. Dela adoptou o nome a Asociación de Veciños 3 de Maio.

Lugares e parroquias Lugares de Campolongo

Parroquias de Negreira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Negreira

Categoría:Parroquias de Negreira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz