San Mateo de Trasancos é unha parroquia rural, situada ao oeste do concello de Narón na provincia da Coruña, e ten unha extensión de 9,75 km². Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 796 habitantes (416 mulleres e 380 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 791 habitantes. A densidade da poboación é de 81,64 hab/km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Xeografía A parroquia limita ao norte coa parroquia do Val, ao sur co barrio de Piñeiros, ao leste coa parroquia de Sta. María de Castro e ao oeste coas parroquias de Mandiá e Santa Icía de Trasancos do concello de Ferrol.

Historia Foi recoñecido como concello en 1813, coa Constitución española de 1812. Constituíuse co nome de San Mateo de Trasancos, contando daquela con 300 habitantes.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Trasancos

Parroquias de Narón

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Narón

Categoría:Parroquias de Narón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mateo