Baldo Martínez, nado en Ferrol en 1959, é un contrabaixista e compositor de jazz galego.

Traxectoria Realizou estudos musicais no Conservatorio da Coruña e no Municipal de Barcelona. Comezou os seus estudos de contrabaixo co profesor Fernando Sala, e continuou profundando na técnica do instrumento con David Thomas e Todd Coolman. Tamén estudou harmonía enfocada ao Jazz con este último e con Bill Dobbins.

É membro fundador de dous dos grupos máis importantes na historia do Jazz en España: Clunia Jazz e Zyklus. Con Clunia gravou o seu primeiro disco, Clunia Jazz en 1982. Uniuse á formación o saxofonista Antonio Cal. En 1983 obtiveron o segundo premio no Concurso Internacional do Festival donostiarra, e participaron nas primeiras Xornadas de Jazz de Santiago de Compostela xunto a Tete Montoliu.

Foron galardoados co primeiro premio no Concurso Internacional do Festival de San Sebastián en 1985 pola súa interpretación acompañando á cantante portuguesa Maria João. En 1987 participaron en París como representantes do jazz español na exposición "Cinco séculos de arte española", no Museo de Arte Contemporánea de París.

Trala disolución de Clunia comezou a súa carreira en solitario con No País dos Ananos. A revista Cuadernos de Jazz considerouno segundo mellor disco de 1996. O seu segundo disco quedou entre os cinco primeiros. Traballou co trío de Anxo Louro e a Banda do Foro, con quen grava o disco Jazzhondo co cantaor invitado Paco do Pozo.

No ano 1999 emprendeu un novo proxecto, encargado Festival de Jazz de Guimarães, e presentado no mesmo na edición dese ano, o Projecto Miño, música de Galiza e Portugal interpretada por nove músicos de ambos lados do río Miño dentro da linguaxe do Jazz contemporáneo.

No ano 2007 editouse o CD deste proxecto, conseguindo recoñecemento a nivel internacional. Foi disco do mes en xaneiro de 2008 segundo a revista francesa Jazz Magazine, e nomeado aos premios da música pola Academia da Música como mellor álbum de Jazz de 2008. En 2009 formou o MBM trío con Lucía Martínez e Antonio Bravo.

Baldo Martínez Grupo Algunhas das formacións dos seus proxectos:

David Herrington (trompeta) Eduardo Ortega (violín) Antonio Bravo (guitarra) Pedro López (batería e percusión) Baldo Martínez (contrabaixo)

Baldo Martínez Projecto Miño Maite Dono (voz) Germán Díaz (zanfona) Chiaki Mawatari (tuba e serpentón) Alejandro Pérez (saxos e clarinete) David Herrington (trompeta) Antonio Bravo (guitarra) Lucía Martínez (vibráfono e percusión) Pedro López (batería e percusión) Baldo Martínez (contrabaixo)

Discografía Baldo Martínez Grand Ensemble Projecto Miño - Karonte, 2007

Baldo Martínez Grupo No País dos Ananos - Karonte, 1996 Juego de Niños - Karonte, 1998 Nai - Karonte, 2001 Zona acústica I - Xingra 2003 Tusitala - Karonte, 2005

TRIEZ Triez - Universal, 2010

MBM Trío MBM - Xingra, 2011

SONS-NÚS (Maite Dono & Baldo Martínez) Sons-Nús - Karonte, 2010

Clunia Jazz Clunia Jazz - Citola, 1983 XVIII Festival Internacional de Jazz de San Sebastián 1983 Afueras Periódicas - Jazz Stop, 1984 XX Festival Internacional de Jazz de San Sebastián- con María João 1985 Rua Cega - Edigal 1986 Carpediem - Sons Galiza 1995

Zyklus Interface - Zyklus 1991 Nude - Hyades Arts, 1994

BAC Trio Ya - Ingo, 2002

Outros XXI Festival Internacional de Jazz de San Sebastián Baio Ensamble 1986 Temura - Javier Paxariño 1994 Esquizodelia - Clonicos 1995 Jazzhondo - Ángel Rubio 1998 Núcleo - José Luis Gutiérrez 1998 Folklore Imaginario -Leo Records- Alissa Publishing/PRS, 2005. Co saxofonista italiano Carlo Actis Dato

Véxase tamén Ligazóns externas páxina web persoal myspace persoal Biografía artigo seu sobre o jazz en España biografía en Jazz Portugal Entrevista 2008 EL PAIS Entrevista 2005 Entrevista 2004 Entrevista 2003

Categoría:Contrabaixistas de jazz Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1959