miniatura|250px|Mélodrame, de Honoré Daumier (1856-1860), que representa unha típica escena parisiense como ocorría no Boulevard du Temple. Un melodrama é unha obra dramática que esaxera as accións e as personaxes para dar pulo ás emocións.

Etimoloxía O termo mélodrame naceu na lingua francesa a principios do século XIX, derivado do grego melos 'música', é do francés drame 'drama', orixinado a partir do latín drāma, proveniente á súa vez do grego drān 'facer, actuar'.

Historia A comezos do século XVIII o melodrama era unha técnica combinada de fragmentos recitados e pezas con acompañamento musical. Os primeiros exemplos coñecidos son escenas da obra Sigismundus, de J. E. Eberlin (1753). O primeiro melodrama íntegro foi Pygmalion, de Jean-Jacques Rousseau, escrito en 1762 e estreado oito anos despois.

No século XIX, a influencia da ópera deu lugar a que moitas obras levasen tamén aberturas e música incidental. Por exemplo en 1826 Felix Mendelssohn escribiu unha abertura para A Midsummer Night's Dream, de William Shakespeare. Na época vitoriana tiveron grande éxito nos teatros os melodramas cunha dama en perigo pretendida por un malvado e polo bo mais non moi listo heroe.

Algúns dos primeiros filmes mudos, como The Perils of Pauline tiñan argumentos semellantes, que logo tamén pasaron aos filmes falados.

Na actualidade o melodrama é un xénero especialmente popular en Asia.

Cinema Os melodramas considéranse un subxénero dos filmes dramáticos. Presentan tramas relacionadas coas emocións humanas: amor fracasado, situacións familiares desesperadas, traxedias, enfermidades… En ocasións, o termo é empregado de maneira pexorativa, para indicar situacións pouco realistas e con personaxes estereotipadas.

Porén, o xénero tamén deu lugar a grandes filmes coma os melodramas de Douglas Sirk.

Notas

Categoría:Xéneros literarios Categoría:Xéneros cinematográficos