Morpheus é un xogo de ordenador estadounidense lanzado en 1998. Foi desenvolvido por Soap Bubble Productions e distribuído por Piranha Interactive Publishing Inc. É un xogo de aventuras en primeira persoa semellante a Myst con interface point and click, que pode cambiar de posición facendo clic e amosando en transición os movementos do xogador.

Sinopse No ano 1928, un magnate do aceite de peixe e membro do Club de Exploradores, o Comandante Theodore Holmes tenta viaxar a través do Polo Norte nun globo aerostático. Mentres fai os preparativos, aparece un home que di palabras incoherentes por mor dos estragos do clima, e menciona un cruceiro de luxo llamado Herculania cuxos pasaxeiros precisan axuda. Intrigado, vai na súa axuda e desaparece. En 1952, Matthew Holmes, o seu fillo, prepárase para buscar ó seu pai para descubrir a causa da súa desaparición. Mais el tamén se perde e comeza a deixar de distinguir entre o mundo real e o dos soños. Cando está a piques de morrer, descobre o barco que o seu pai fora a buscar.

Personaxes Jim Lynch como Explorador do Ártico / Jan Pharris Tatijana Shoan como Claire Moon Michael Locasio como Jonathan Cleveland Pharris Peter J. Coriaty como Dr. John Malherbe James M. O'Donogue como Leo Galte Judith Boxley como Grace Thermon Dorothy Schotz como Belle Swan Jim Andralis como Billy Mexler

Produción Levou catro anos de traballo desenvolver todo o son, os gráficos e as secuencias de acción. O motor do xogo foi feito con QuickTime 3.0 e QuickTime Video para as transicións.

Categoría:Videoxogos de 1998 Categoría:Videoxogos de aventuras Categoría:Videoxogos de Mac Categoría:Videoxogos de Windows