miniatura|Aceite de noces de California. O aceite de noz, ou de croucho, é un aceite extraído das noces da nogueira común (especie Juglans regia).
É un aceite comestible pero bastante caro, ten unha leve cor e un cheiro e sabor delicado. Xeralmente non se utiliza para fritir porque perde parte das súas propiedades distintivas. Adóitase utilizar en pratos fríos e en salsas para ensaladas. Ten propiedades antioxidantes. A maioría deste aceite prodúcese en Francia, pero tamén se fai en Australia, Nova Zelandia e California.
O aceite de noces é unha boa fonte dos ácidos graxos esenciais Omega-3.
Na arte miniatura|Unha cunca de aceite de noz. Durante o Renacemento este aceite usábase nas pinturas artísticas xa que se seca rapidamente e ademais permitía limpar os pinceis. Con todo o aceite de liño daba un mellor acabado á preparación das teas.
Tamén se utiliza no traballo da madeira que estea en contacto cos alimentos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Finishing with Walnut Oil and Beeswax .
Noz