Las Provincias Gallegas foi unha revista editada en Ferrol en 1887.
Historia e características Subtitulada Revista de Ciencias, Artes y Literatura, apareceu o 26 de xuño de 1887. Publicábase tres veces ao mes, os días 1, 10 e 20. O seu editor e director era Luciano Taxonera Cabo.La Monarquía, 27-6-1887, p. 3. Entre os seus colaboradores figuraron Emilia Pardo Bazán, Leandro de Saralegui Medina e Curros Enríquez. O último número coñecido é o 13, correspondente ao 1 de novembro de 1887.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1887 en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas editadas en Galicia