A lingua khmer (en , Phéasa Khmêr) ou lingua camboxana é a lingua do pobo khmer e a lingua oficial de Camboxa. Con preto de 16 millóns de falantes, é a segunda lingua austroasiática máis falada (despois do vietnamita). O khmer está considerablemente influído polo sánscrito e o pali, especialmente nos rexistros lingüísticos reais e relixiosos, a través do hinduísmo e o budismo. É tamén a máis antiga lingua escrita da súa familia. Á súa vez, a lingua khmer influíu e viuse influída polo tailandés, o lao, o vietnamita, o chinés e o cham, debido fundamentalmente á proximidade xeográfica e a un contacto cultural continuado, orixinando un sprachbund no sueste asiático peninsular.
A lingua khmer é escrita cun alfasilabario coñecido como អក្សរខ្មែរ, "alfabeto khmer". O khmer difire de linguas veciñas como o tailandés, o birmano, o lao e o vietnamita en que non é unha lingua tonal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en khmer
Categoría:Lingua khmer Categoría:Linguas austroasiáticas Categoría:Linguas de Camboxa Categoría:Linguas de Tailandia Categoría:Linguas de Vietnam