O formato MIDI (Musical Instrument Digital Interface) é un protocolo industrial estándar que permite aos ordenadores, sintetizadores, secuenciadores, controladores e outros dispositivos musicais electrónicos comunicarse e compartir información para a reprodución e xeración de sons.
Na industria actual fabrícanse unidades de son MIDI conectables entre si ou a controladores tamén MIDI O sistema MIDI permite, por exemplo:
conectar un teclado mestre a diversos módulos de son, de xeito tal que accionando o teclado se "disparen" os sons de cada módulo. Isto permite que cun mesmo teclado se poidan controlar diferentes fontes. Reproducir os sons almacenados ou xerados nun modulo mediante a acción doutros elementos ou instumentos, incluso guitarras eléctricas (sempre que estean provistos dunha pastilla MIDI) controlar e sincronizar un sistema de gravación.
Categoría:Música electrónica Categoría:Buses informáticos Categoría:Interfaces