Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego.

Como pintor destaca polos seus cadros costumistas de tema galego, como Comida de voda en Bergantiños.Comida de voda en Bergantiños Foi tamén moi solicitado como retratista, chegando a executar varios retratos de Afonso XIII. Desde o punto de vista técnico afastouse das vangardas e mantivo unha gran preocupación pola precisión formal, moi en especial no coidado da composición e da cor, na reprodución da indumentaria e da expresión dos rostros.

De ideoloxía monárquica e máis tarde adepto ao franquismo, exerceu como director do Museo do Prado en dúas etapas (1922-1931 e 1939-1960). Así mesmo, foi designado alcalde da Coruña entre agosto de 1938 e marzo de 1939.

Traxectoria

Primeiros anos Sotomayor naceu no seo dunha familia da nobreza. O avó paterno, por exemplo, era mordomo de Afonso XII. O pai, tenente de navío, nacera en Cuevas de Vera (Almería), e estaba destinado en Ferrol como instrutor na fragata Numancia. O pintor, segundo de tres irmáns, naceu no domicilio familiar do 132 da rúa Real de Ferrol. O pai morreu cando Fernando contaba catro anos e a familia trasladouse a Madrid, cidade natal da nai.

En 1884 conseguiu unha praza no Real Colexio de El Escorial, onde iniciou estudos de Bacharelato. En 1887 a familia trasladouse a Toledo, onde continuou estudos de Bacharelato e seguiu desenvolvendo a súa vocación cara a pintura ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. A consecuencia dun novo traslado familiar a Madrid iniciou en 1892 os seus estudos universitarios. Inscribiuse en Dereito e despois de dous anos en Filosofía e Letras, sen rematar ningunha carreira. En paralelo traballou no obradoiro do pintor Manuel Domínguez e acudía a clases na Escola Superior de Pintura, Escultura e Gravado.

Pensionado en Roma, primeiros éxitos profesionais En 1899 gañou unha pensión da Escola de San Fernando para a Academia de Belas Artes de Roma, á que se incorporou a inicios de 1900. Dende a cidade italiana viaxou a París, Países Baixos e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenga e holandesa. A obra de Frans Hals e a de Joaquín Sorolla serían decisivas na súa obra.

De retorno a Madrid na primavera de 1904, logrou unha medalla de ouro de segundo clase na Exposición Nacional de Belas Artes, cun cadro de tema mitolóxico, Orfeo perseguido polas bacantes Orfeo perseguido polas bacantes. Na Exposición de 1906 logrou o primeiro premio con Os avós Os avós. Nesta obra, unha das súas primeiras aproximacións ao mundo agrario tradicional, retrata unha parella de campesiños segovianos, froito dunha estadía en El Paular no verán de 1905. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona de 1907 ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic de 1909.

Regreso a Galicia No outono de 1905 regresou a Galicia para asistir na Coruña ao casamento do seu irmán máis novo. Na voda coñeceu Pilar Castro Gómez, irmá da noiva, con quen acabaría casando na igrexa de Santiago da Coruña o 11 de xullo de 1907. O matrimonio pasaría longas estadías en Galicia, en especial nos pazos de Mende e Sergude. Seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá, o pintor preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como O segador, Saíndo de misa no pazo de Mende e Comida de voda en Bergantiños.

Comezou a pintar personaxes populares, como labregos galegos, cun estilo moi influenciado pola pintura do Século de ouro neerlandés, que provocou unha gran polarización na valoración das súas obras, pois a xente mostrábase entusiasmada ou moi en contra do seu xeito de pintar. Pola súa maneira de recoñecer a cultura do pobo e por introducir un xeito novo de pintar (aínda que moi afastado das vangardas) foi un dos precursores dos Renovadores da arte galega do século XX.

Profesor e Director da Escola de Belas Artes de Santiago de Chile

Na primavera de 1908 naceu a súa primeira filla, María del PIlar, e asinou un contrato como profesor de Composición e colorido da Escola de Belas Artes de Santiago de Chile, onde arribaron en agosto. As complicacións derivadas do parto da segunda filla do matrimonio, María del Carmen, motivaron o regreso a España en decembro de 1910. O regreso a Chile, xa nomeado director da escola, demorouse até febreiro de 1912.

En Chile destacou como retratista da alta sociedade, con obras como o Retrato de dona Luísa Mendeville Valdés. Promoveu a adquisición de pintura española e a representación de temas populares. Foron alumnos ou discípulos seus varios pintores do que en Chile se coñece como Xeración do 13.

Éxito artístico e dirección do Museo do Prado A inicios de 1915 o matrimonio regresou de maneira definitiva. Estabeleceuse entre Madrid e A Coruña, onde nacería en 1915 a terceira filla, Ana María, e en 1917 o primeiro varón, Fernando. Ese mesmo ano presentou dez obras na Segunda Exposición de Arte Galega da Coruña, entre elas Comida de voda en Bergantiños ou o Retrato de Carlos Servet.

O éxito dos seus retratos e obras costumistas convertérono nun dos personaxes máis relevantes do medio artístico oficial. A finais de 1918 foi nomeado subdirector do Museo do Prado. No segundo semestre de 1920 realizou un retrato de Afonso XIII por encargo do ministerio de Instrución Pública. Pouco despois recibiu do ministerio da Guerra o encargo dun retrato da raíña Vitoria Uxía, ben que a conclusión do cadro demorouse polos sucesivos relevos no ministerio.

En xuño de 1922 relevou a Aureliano de Beruete na dirección do Prado. Con Francisco Javier Sánchez Cantón como subdirector, traballou na reorganización das coleccións, na ampliación do museo ou na conmemoración do centenario da morte de Goya.

Ao longo da década Sotomayor tivo ocasión de viaxar por distintas capitais europeas, ampliando o mercado para os seus cadros. En 1929, con ocasión da Exposición Internacional de Barcelona, dedicóuselle unha ampla retrospectiva.

A II República e a Guerra Civil Sotomayor recibiu numerosos encargos en Londres, onde estivera por primeira vez en 1922. En febreiro de 1931 regresou á capital británica, onde o sorprendeu a proclamación da República. Poucos días despois dimitiu do cargo de director do Museo do Prado.

Ante a nova situación política Sotomayor trasladou a súa residencia a Lamastelle, en Oleiros, onde tiña unha casa de veraneo, e despois ao número 2 da rúa coruñesa de Linares Rivas. Case sen encargos e desgustado coa evolución política, viaxa a Buenos Aires, París e outras capitais mirando de vender os seus cadros.

O 21 de decembro de 1935, de regreso de Madrid, sufriu un accidente de automóbil en Pedrafita. Fracturou dúas vértebras e tivo que ser trasladado de urxencia a Madrid. Como resultado, pasou varios meses sen poder pintar.

miniatura|300px|Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo Rubio, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.Sotomayor manifestaba abertamente o seu apoio á monarquía. En marzo de 1935 asistiu á voda de Xaime de Borbón en Roma, a quen entregou en nome de Renovación Española un libro de sinaturas e un cadro da Virxe das Dores que el mesmo realizara. Así mesmo, frecuentou a políticos como Calvo Sotelo, con quen estivo pouco antes do seu asasinato.

Sotomayor recibiu a nova da súa morte en Lamastelle. Temoroso dun atentado, marchou ao balneario de Guitiriz. Ao producirse a sublevación militar refuxiouse nunha casa que o seu cuñado José Castro tiña en Curtis.

Regresou á Coruña en canto soubo que estaba baixo o control dos militares. Decontado se ofreceu ás autoridades, exercendo tarefas como a presidencia da Comisión Provincial de Monumentos Históricos ou ocupándose en tarefas de aprovisionamento das tropas. Ademais, o seu fillo Fernando morreu na toma de Bilbao en maio de 1937.

Como mostra da súa adhesión ao franquismo, en declaracións ao xornal lisboeta Diário de Notícias recollidas na portada do xornal lugués El Progreso o 30 de marzo de 1937, difunde que o Cristo crucificado de Velázquez, localizado no Museo do Prado, puido ser destruído pola "furia insana, iconoclasta" dos "marxistas" (algo falso, pois o cadro aínda existe) e afirma que volverá ser artista cando "España sea enteramente nuestra, nacionalista, esto es española". , El Progreso, 30 de marzo de 1937 na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica do Ministerio de Cultura de España

Designado alcalde da Coruña, tomou posesión o 11 de agosto de 1938. Durante o seu mandato logrouse do Goberno de Burgos a cesión da Casa do Real Consulado para a creación do Museo de Belas Artes da Coruña. O seu mandato chegou até o 9 de marzo de 1939, cando foi designado para a dirección do Museo do Prado.

O franquismo Ao pouco de acceder ao cargo, Sotomayor trasladouse a Xenebra para dirixir unha exposición coas obras do museo depositadas en custodia ante a Sociedade de Nacións. A exposición permaneceu aberta até o 30 de agosto, polo que a repatriación das pezas coincidiu co inicio da II Guerra Mundial.

Nomeado pola República Pablo Picasso para a dirección do Museo, o pintor malagueño nunca chegou a exercer o cargo. A xestión directa do museo seguiu en mans de Sánchez Cantón, o que posibilitou a continuidade dos proxectos emprendidos no seu primeiro mandato.

Co novo réxime ocupouse na organización de varias exposicións de arte español no estranxeiro (a de Berlín de 1942 ou a de Buenos Aires de 1947) ou da I Bienal Hispanoamericana de Arte, celebrada en Madrid en 1951. Nesta última opúxose con rotundidade á inclusión de obras de vangarda, o que provocou unha soada polémica pública.

Como pintor centrouse no retrato, pois recibiu múltiples encargos, tanto públicos como privados. Entre os encargos públicos cabe destacar varios retratos de Franco ou os retratos de Eva e o xeneral Perón. Estes encargos, moi cotizados, proporcionáronlle unha sólida posición económica.

Finou o 17 de marzo de 1960, dun infarto.

Obra pictórica

Soportes e temática Case toda a produción de Sotomayor está realizada en óleo sobre lenzo, aínda que tampouco é extraordinario encontrar a táboa como soporte. Os cadros máis relevantes adoitan estar en mediano formato. Consérvanse tamén bastante debuxos a lapis sobre papel, case todos eles apuntamentos de figuras ou escenas.

Desde o punto de vista temático, predominan en Sotomayor os retratos e os cadros de costumes de tema galego:

Retrato por encargo. Os retratos por encargo foron unha das principais fontes de ingresos para o autor, en especial a partir do seu regreso de Chile en 1915. Como retratista, Sotomayor destácase pola solemnidade e o interese en transmitir a posición social da persoa retratada, de maneira que se converteu nun retratista cobizado pola alta nobreza e a burguesía da Restauración e o primeiro franquismo. Retrato privado. Sotomayor realizou numerosos retratos de carácter privado, en especial da súa muller e dos seus fillos. Nestes retratos o pintor puido experimentar con actitudes máis desenvoltas do que nos retratos por encargo. Cadros de costumes de tema galego. Desde que na primavera de 1906 Sotomayor asina O gaiteiro, os seus cadros de costumes serán sempre tema galego, quizais a parte máis persoal e coñecida da súa produción.

Sotomayor tratou eventualmente outros temas: miniatura|Retratado na década de 1920