Na mitoloxía grega, Perséfone (do grego Περσεφόνη), tamén chamada Kore; "a doncela"), é a filla de Zeus e a deusa Deméter, e raíña do inframundo. Homero descríbea como a formidable e maxestosa raíña do inframundo, que fai efectivas as maldicións dos homes nas almas dos mortos. Perséfone foi secuestrada por Hades, o deus do inframundo.Martin Nilsson (1967). Die Geschichte der Griechische Religion Vol I pp 462–463, 479–480 O mito do seu secuestro amosa a súa función como personificación da vexetación que aparece na primavera e desaparece despois da colleita; polo tanto, tamén se asocia coa primavera e a fertilidade da terra. Existen mitos semellantes no Oriente, nos cultos de deuses como Atis, Adonis e Osiris,Fraser. The golden bough. Adonis, Attis and Osiris. Martin Nilsson (1967). Vol I, pp. 215 e na Creta minoica.
Perséfone, como deusa da vexetación, e a súa nai Deméter eran as figuras centrais dos misterios eleusinos que precederon ós deuses olímpicos, e que prometían ós iniciados unha perspectiva máis alentadora despois da morte. Segundo a tradición órfica, Perséfone é a nai de Dioniso, Iaco ou Zagreo. A orixe da súa adoración é incerta, pero está baseada en cultos moi antigos de comunidades agrarias.
Na mitoloxía romana, é chamada Proserpina, e a súa nai Ceres.
Notas
Categoría:Deusas gregas Categoría:Deusas da fertilidade Categoría:Deusas da natureza Categoría:Descendentes de Zeus