Norman Frederick Jewison, nado en Toronto o 21 de xullo de 1926 e finado o 20 de xaneiro de 2024 nos Ánxeles, foi un director de cinema canadense.
Traxectoria Comezou a amosar o seu talento para o teatro na escola. Durante a segunda guerra mundial serviu na Royal Canadian Navy (1944–1945) e tras acabar a contenda viaxou por Suramérica, onde descubriu a segregación que influiría no seu traballo posterior.
Tras graduarse na universidade en 1949 marchou a Londres, traballando como guionista para un espectáculo infantil e como actor para a BBC. Volveu ao seu país en 1951, para preparar o lanzamento da CBC Television, na que foi guionista, director e produtor.
En 1958 foi contratado pola CBS en Nova York. O actor Tony Curtis, nunha visita ao estudio, suxeriulle que dirixise un filme. Jewison non volveu á televisión ata a década de 1990. Debutou no cinema con Forty Pounds of Trouble (1962), protagonizada por Curtis. Os seus seguintes filmes foron tamén comedias lixeiras, ata que decidiu apartarse do xénero a mediados de década de 1960.
En 1967 dirixiu Na calor da noite, que gañou o Óscar ó mellor filme.
Filmografía 40 Pounds of Trouble (1963) The Thrill of It All (1963) Send Me No Flowers (1964) The Art of Love (1965) O rei do xogo (1965) Que veñen os rusos (1966) Na calor da noite (1967) O caso Thomas Crown (1968) Gaily, Gaily (1969) O violinista no tellado (1971) Jesus Christ Superstar (1973) Rollerball (1975) F.I.S.T. (1978) Xustiza para todos (1979) Best Friends (1982) A Soldier's Story (1984) Agnes of God (1985) Feitizo de lúa (1987) In Country (1989) Other People's Money (1991) Só ti (1994) Bogus (1996) The Hurricane (1999) A sentenza (2003)
Véxase tamén
Ligazóns externas
The Norman Jewison Collection (University of Toronto) CBC Digital Archives: Master Storyteller Norman Jewison
Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Nados en Toronto Categoría:Nados en 1926 Categoría:Canadenses de ascendencia inglesa Categoría:Finados en 2024