Nicolás María González Casares, nado na CoruñaEntrevista a Nicolás González Casares en La Voz de Galicia, 9 de novembro de 2011. o 20 de xullo de 1972, é un enfermeiro e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Fillo de Nicolás González Aller e María Teresa Casares Peláez, e neto de Luis González Taboada, residiu en Lalín dende a infancia. Estudou enfermería na Universidade de Santiago de Compostela, é experto en Xestión de Servizos de Enfermería, exerceu no 061 e como docente,Perfil en Vieiros.com especialista en soporte vital polo European Resuscitation Council (ERC)ERC e pola American Heart Association (AHA);AHA é un dos autores do Manual de soporte vital avanzado en urxencias prehospitalarias (2007). Posteriormente cursou o mestrado universitario en Saúde Planetaria da Universitat Oberta de Catalunya e ISGlobal, centrado nas relacións entre a saúde humana, o medio ambiente e o cambio climático. Completou tamén un programa executivo sobre regulación enerxética europea no College of Europe.

Forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG dende 2007, na que exerce como secretario da Unión Europea, e preside a asociación ecoloxista Vilau Garrido dende 2009.Entrevista en Faro de Vigo, 26 de abril de 2011 Vencellado á agrupación socialista de Lalín, foi elixido en 2008 secretario de organización e secretario xeral en 2012.O PSOE elixiu a Nicolás González secretario xeral en Lalín, La Voz de Galicia, 6 de xullo de 2012 Foi membro da Executiva Provincial de Pontevedra desde 2009 ata 2017. Nas eleccións xerais de 2011 concorreu no número 6 pola provincia de Pontevedra. Nas eleccións europeas de 2014 formou parte da lista do PSOE pero non resultou elixido. Nas municipais de 2015 encabezou a lista socialista á alcaldía de Lalín que obtivo tres concelleiros. Foi nomeado primeiro tenente alcalde e concelleiro de Urbanismo, Servizos Sociais, Saúde e Deporte (compartida).

En marzo de 2019 foi incluído na novena posición da lista do PSOE para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, e foi elixido.europarlamentario Desde o Parlamento Europeo traballa como titular nas comisións de Enerxía, Industria e Innovación (ITRE), Pesca (PECH) e Saúde Pública (SANT) e é substituto na Comisión de Medio Ambiente, Clima e Seguridade Alimentaria (ENVI). Ocúpase de transición enerxética, cambio climático, saúde e pesca. Volveu ser elixido eurodeputado nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024.

Actividade no Parlamento Europeo

Na IX lexislatura do Parlamento Europeo (2019-2024), González Casares desenvolveu a súa actividade principalmente na Comisión de Industria, Investigación e Enerxía —ITRE—, así como nas áreas de medio ambiente, saúde pública e pesca.

En 2023 foi nomeado relator do Parlamento Europeo para a reforma do deseño do mercado eléctrico dá Unión Europea. Nesta condición redactou a posición inicial da Cámara e dirixiu, en representación do Parlamento, as negociacións co Consello e a Comisión Europea. A reforma, impulsada despois da crise enerxética de 2021 e 2022, buscou reducir a exposición dos consumidores á volatilidade dos combustibles fósiis, fomentar os contratos eléctricos a longo prazo e mellorar a protección fronte ás subidas de prezos e os cortes de subministración. A posición parlamentaria incorporou medidas sobre contratos por diferenzas, acordos de compra de enerxía, protección de consumidores vulnerables, dereito a compartir enerxía e prevención de desconexións. O informe foi aprobado pola Comisión ITRE en xullo de 2023 por 55 votos a favor, 12 en contra e dúas abstencións. O acordo lexislativo definitivo foi adoptado en 2024.

Tamén foi negociador do Grupo S&D na revisión da Directiva europea de enerxías renovables —RED III— e nas modificacións introducidas mediante REPowerEU para acelerar a tramitación de proxectos renovables. Anteriormente, participara como negociador socialista na tramitación da Lei europea do clima.

A súa actividade neste campo inclúe políticas sobre electrificación, redes e interconexións eléctricas, almacenamento enerxético, protección dos consumidores, descarbonización industrial e redución da dependencia europea dos combustibles fósiles.

Como profesional da enfermería, unha parte relevante da súa actividade parlamentaria desenvolveuse nas políticas europeas de saúde. Foi relator do Regulamento polo que se reforzou o mandato da Axencia Europea de Medicamentos despois da pandemia de covid-19. A norma ampliou a capacidade da axencia para anticipar e xestionar situacións de escaseza de medicamentos e produtos sanitarios durante emerxencias de saúde pública.

Participou posteriormente na negociación da revisión da lexislación farmacéutica europea, con especial atención ao acceso equitativo aos medicamentos, os incentivos á innovación, a seguridade da subministración e a fabricación farmacéutica en Europa.

Na X lexislatura forma parte da Comisión de Saúde Pública —SANT— e impulsou traballos relacionados coas enfermidades raras, o diagnóstico temperán, as redes europeas de referencia, a biotecnoloxía sanitaria e a regulación dos produtos do tabaco. En 2026 foi designado relator dunha iniciativa parlamentaria orientada a establecer un marco europeo de acción sobre as enfermidades raras, con propostas para reducir as desigualdades no diagnóstico e o acceso aos tratamentos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lalín

Ligazóns externas Páxina web persoal de Nicolás González Casares O socialista Nicolás González quere darlle voz aos problemas de Galicia en Europa , entrevista en Europa Press. «Son moi bo comedor, e nos sitios de montaña cómese ben», entrevista en La Voz de Galicia. "Galicia será mi prioridad en Europa, ser nacionalista no da un plus para visibilizarla", entrevista en Faro de Vigo,

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Lalín Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1972

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Europarlamentarios de España (2019-2024)