Juan Sanmartín Serna, nado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1830 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1898, foi un escultor galego.

Traxectoria miniatura|225px|Felipe de Castro, busto en bronce de Juan Sanmartín, 1883. De familia humilde, traballou como aprendiz de carpinteiro nun taller compostelán. Un arquitecto levouno para a súa casa e ensinoulle debuxo. Marchou a Ferrol e Coruña para buscar traballo e finalmente retornou a Santiago. Finalmente marchou a Madrid onde logrou sobrevivir grazas a un traballo nun taller de ebanistaría. Alí coñeceu a Diego López Ballesteros, ministro de Facenda de Fernando VII, que o protexeu e que, antes de morrer, o encomendou ó seu fillo Nicolás, auditor da Rota. Nicolás López matriculouno na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e, pola súa mediación, Piquer aceptouno como discípulo no seu estudio. En 1857, cando levaba tres anos na academia de San Fernando, era un dos dous alumnos que gozaba dunha bolsa de estudos en Roma e, en 1888, esculpiu a estatua do padre Feijoo para a Biblioteca Nacional. Regresou a Compostela, onde realizou a súa obra máis recoñecida, a Sagrada Cea, que a corporación municipal lle encargou para substituír a vella Mesa dos apóstolos que o Xoves Santo saía en procesión baixo os auspicios do Concello.

Esculpiu tres estatuas de Colón, unha para o Ministerio de Ultramar, outra para o Senado e a terceira para o arsenal de Cartaxena. Outra das súas facetas foi a dos medallóns, relevos e bustos; na casa de Cándido Varela (na praza da Quintana) hai un relevo de escaiola firmado por Sanmartín en 1887 e un busto retrato tamén da súa autoría.

Foi nomeado membro da Academia de San Lucas e da Academia de Belas Artes de Carrara e fillo adoptivo de Cartaxena e de Noia. Recibiu a Cruz de Isabel a Católica.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía "Sanmartín y Senra, Juan" in Gran Enciclopedia Galega. "Xoán Sanmartín de la Serna" in

Categoría:Escultores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escultores do século XIX Categoría:Ebanistas