San Tomé dos Vaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 103 habitantes (51 mulleres e 52 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes.

Varias aldeas da parroquia dos Vaos como A Pesqueira, O Ribeiro, O Cotón, Pazos ou Castrerón quedaron somerxidas en 1966 pola construción do encoro da Fervenza.

Lugares e parroquias Lugares dos Vaos

Parroquias de Mazaricos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mazaricos

Categoría:Parroquias de Mazaricos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé